Unha conversa, a de Susana Pedreira e Arantza Portabales que nos abriu portas á reflexión sobre o noso pasado máis inmediato, a visibilización da vida e peso das mulleres ( non hai moito tempo), sobre a nosa Galiza (e a súa sociedade) nas pequenas vilas, as xentes, os comentarios, as visións e os perfís, os xuízos morais, en palabras de autora sobre "escribir a vida", nun marco de novela negra que nos intriga, que nos sorprende e fai que a lectura sexa fluída para chegar a resolución do crime.
Sorpréndenos e conquístanos como o contido da historia nos leva a temas profundos, como nos conduce a reflexionar sobre a nosa identidade e o que nos identifica coma mulleres (protagonistas) de Loira e de Marín.
En conclusión, a novela de Arantza Portabales, non se trata simplesmente dunha novela negra de asasinatos, aporta valores e reflexións moito máis alá, valores femininos e mesmo do empoderamento das mulleres do rural galego da etapa da transición nas aldeas galegas.




.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)



.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)




.jpg)