Este venres o club de lectura de Ciencia tivo a súa primeira sesión arredor da novela xuvenil 22 segundos de Eva Mejuto:
O club de ingles de 4º ESO/1º Bacharelato que é virtual, hoxe deixouse caer pola biblioteca acompañadxs da súa coordinadora, María Torres, para que puideramos coñecelxs e poñerlles cara... e non esqueceron traer a súa lectura !!!! aquí vos deixamos unhas imaxes:
Puidemos comprobar que as libretas que lles regalamos son de utilidade pois nelas apuntaran e tomaran notas; a maiores a nosa coordinadora Esther (a especialista en arte) ao tempo que elxs citaban os cadros íalles falando dos mesmos e dos autores, superenriquecedor, grazas Esther.
Tamén puidemos comprobar con sorpresa que moitxs gostaban das imaxes e seleccionaban según os seus estilos... e tocou o timbre e non había quen os mandara para clase...
Para continuar traballando o libro, imos aproveitar o boísimo traballo feito na biblioteca do IES Xoán Montes na sección zooarte polo que aquí lles deixamos o enlace para realizar o cuestionario:
Que desfrutedes dos enigmas....