A nosa biblioteca e os clubs de lectura organizamos unha exposición bibliográfica e visual arredor da figura e obra da
escritora de LIX, FINA CASALDERREY; Ela foi mestra de parte do
alumnado do IES e mozos e mozas deste centro colaboraron con ela no
seu proxecto musica Lingua Guapa polo que para eles e elas é unha
actividade moi especial xa que á admiración que lle profesan como
profesional únese o gran cariño co que a lembran.
Esta
biblioteca quere pois achegar aos seus usuarios o marabilloso perfil
humano e literario da académica, visibilizar e apoiar a súa
CANDIDATURA ao PREMIO HANS CHRISTIAN ANDERSEN de literatura infantil
e xuvenil. Desde esta biblioteca sumámonos tamén a homenaxe que vai
recibir en Pontevedra o día 10 deste mes.
https://pontevedraviva.com/cultura/95818/ies-sanchez-canton-fina-casalderrey-premio-hans-christian-andersen-exposicion-biblioteca/?lang=es
Nesta exposición
ocupan un lugar destacado os fondos literarios da biblioteca
escritos pola autora, un retrato seu realizado por unha alumna de 4º
de ESO, unha decoración variada e alegre baseada nos títulos e
personaxes das súas novelas , carteis moi vistosos como por exemplo
o deseñado en lettering por unha alumna de 3º de ESO e mesmo
materiais dixitais (audios en podcast) creados por alumnas de 4º da
ESO e que poden ser escoitados no blog da biblioteca “Novas
Mesturas”.
O club de lectura do Sánchez tamén se suma a esta
homenaxe e comezará as súas sesións lectoras lendo e comentando
previamente fragmentos das obras da autora.
Agardamos que o
xurado do premio sexa xusto e saiba aprezar o valor literario e
persoal da nosa querida Fina Casalderrey, nós estamos ao seu lado.