Amosando publicacións coa etiqueta Festa dos clubs. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Festa dos clubs. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de marzo de 2026

Participamos na Festa dos clubs de lectura do Salón do Libro.

 


Como xa vén sendo habitual participamos na Festa dos Clubs de Lectura do Salón do Libro de Pontevedra e este curso tocoulle asistir ao alumnado dos clubs de lectura de 1º de bacharelato xa que o artista invitado era MONDRA e tanto a súa profe coma eles e elas estaban desexando escoitalo e coñecelo.


Na festa participaron os clubs dos centros de ensino de Pontevedra e arredores que puideron facerlle unha chea de preguntas a Mondra e celebrar a lectura coa súa música. Logo do encontro puideron realizar unha visita ao Salón coam sempre moi fermosa e interesante. 

Ademais tiveron outro anfitrión moi, moi especial: ORBIL.



venres, 28 de marzo de 2025

SALÓN DO LIBRO: Festa dos Clubs de Lectura


 Coma xa somos habituais, os clubs de 1º , 2º e de 3º de ESO asistimos á Festa dos clubs de lectura que organiza o Salón do libro para os clubs de lectura de Secundaria de Pontevedra e arredores. 

Tras a presentación de cada un dos clubs participantes e a actuación dun contacontos de Cangas tivemos o sorteo de libros para os clubs que tanto emocionan á rapazada. 


Logo os clubs de 1º de Bacharelato puideron asistir á representación do musical Os miserables de Víctor Hugo, posta en escea maxistral do IES Illa de Ons de Bueu.

Grazas ao Salón por convidarnos xa que houbo festa para todos e todas, lectores dos nosos clubs de ESO e de Bacharelato.


luns, 11 de marzo de 2024

Festa dos Clubs de Lectura. Salón do Libro de Pontevedra.

 Esta mañá unha pequena representación dos nosos clubs de lectura (1º e 2º de ESO) asistimos á Festa dos Clubs de lectura organizado polo Salón do Libro de Pontevedra:


Á festa acudimos os clubs dos centros de ensino medio de Pontevedra e tamén os de Cuntis e de Poio. Fomos recibidos polo persoal do Salón que nos deu a benvida e logo o escritor e músico Lois Pérez foi o confdutor da Festa coa súa poesía e a súa música: 

A POESÍA É COMA A NEVE

                A NEVE É ALGO PARECIDO Á POESÍA

                                A NEVE MÁRCHASE

                                                A POESÍA DESAPARECE NA POESÍA

                                                               O TEMPO DESAPARECE NO TEMPO



foron algúns dos versos-proclamas cos que nos agasallou Lois Pérez; cantamos con el e desfrutamos dos seus músico-poemas: 

A POESÍA ESTÁ NA PERIFERIA, NAS MARXES, E SEN EMBARGO... PRECISÁMOLA.

Logo da actuación do poeta realizamos a presentación dos nosos clubs e das obras que lemos este curso e a seguir houbo un sorteo de libros tras responder a preguntas relacionadas coas nosas lecturas. Ningún centro se foi coas mans baleiras.



Agradecemos ao Salón que nos convidase a participar nesta gran festa. 




luns, 24 de abril de 2023

Festa dos clubs de lectura no Salón do Libro

 E chegou o encontro- convivencia cos clubs de lectura da nosa cidade na xa habitual "Festa dos clubs de lectura" do Salón do libro. Nesta ocasión a rapazada dos clubs de 1º e 2º de ESO desfrutamos do espectáculo de AldaoLado, das súas cancións e posta en escea. Logo comemos pizza invitados polo Premio dos Clubs, e pola tarde tivemos un encontro literario con Enma Pedreira.


E puidemos facer a nosa foto tradicional con ORBIL: