Amosando publicacións coa etiqueta Campolongo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Campolongo. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de outubro de 2023

Contacontos de medo no CEIP Campolongo


 Esta mañá o alumnado do club de lectura de 1º de ESO e o alumnado de 1º ESO B participamos na innauguración da biblioteca do IES Campolongo (centro adscrito ao noso IES) cunha sesión de contacontos de medo realizada pola nosa rapazada e dirixida ao alumnado de 4º de primaria.

Unha pequena versión de Un ollo de vidro de Castelao e unha lenda xaponesa sobre os Gunnis constituíron a parte central da nosa posta en escea ademais de pequenos relatos e microrrelatos que foron o deleite dun marabilloso público nun espazo terrorífico maxistralmente ambientado.


Tralos nervios iniciais, o noso alumnado non decepcionou ao auditorio e eles e elas mesmos desfrutaron de poder compartir historias cos moziños e moziñas de 4º na súa antiga escola. Apertas e abrazos, sorrisos e emotivos saúdos ao seu anterior profesorado completaron a sesión.


Grazas ao cole de Campolongo por convidarnos.