sábado, 18 de decembro de 2021
xoves, 16 de decembro de 2021
"A nena lectora" de M. Rivas e S. Suniaga.
Pois o Nadal tamén é época de lecturas, e máis, cando se conta cun álbum ilustrado tan fermoso e emotivo coma A NENA LECTORA, un álbum con aroma a MEMORIA no que a emotiva escrita de Manuel Rivas empata marabillosamente coas ilustracións de Susana Suniaga.
Achegámonos á Coruña de comezos de século XX, ás traballadoras da Fábrica de tabaco e á NENA LECTORA que coas súas lecturas suaviza o duro traballo das mulleres ( Di Rivas que esta foi a historia que sempre quixo contar).
xoves, 9 de decembro de 2021
"Senlleiras", recibimos a Antía Yañez.
Tras a lectura da novela Senlleiras de Antía Yañez, o noso club de lectura de 1º de bacharelato quedou tan emocionado que non puidemos deixalo pasar e convidamos a autora a visitarnos na nosa biblioteca e realizar coa rapazada do club un obradoiro de igualdade e encontro lector.
A autora, amablemente, falounos dalgunhas claves sobre feminismo que a moveron a escribir a novela, sobre os espazos e personaxes da mesma; aclarou tamén algunhas das dúbidas das súas lectoras e comentaron partes e escenas que lles encantaron. Faloulles ademais do proceso de documentación á hora de escribir a obra.
Unha sesión moi produtiva en canto á lectura, á igualdade e á prevención da violencia contra as mulleres: