mércores, 28 de xuño de 2023
domingo, 25 de xuño de 2023
LECTURAS e MEMORIA: Xa temos publicado o podcast de Memoria de Elefanta.
Este é o enlace onde poderedes escoitalo:
https://go.ivoox.com/rf/110707587
ou aquí:
https://youtube.com/shorts/_9dI9qxYDF8?feature=share
ou aquí:
https://www.instagram.com/p/CtrnwhLNA2D/?igshid=MzRlODBiNWFlZA%3D%3D
sábado, 10 de xuño de 2023
martes, 6 de xuño de 2023
Homenaxe exposición a Fina Casalderrei, a nosa candidata ao Premio Hans Christian Andersen
A nosa biblioteca e os clubs de lectura organizamos unha exposición bibliográfica e visual arredor da figura e obra da escritora de LIX, FINA CASALDERREY; Ela foi mestra de parte do alumnado do IES e mozos e mozas deste centro colaboraron con ela no seu proxecto musica Lingua Guapa polo que para eles e elas é unha actividade moi especial xa que á admiración que lle profesan como profesional únese o gran cariño co que a lembran.
Esta biblioteca quere pois achegar aos seus usuarios o marabilloso perfil humano e literario da académica, visibilizar e apoiar a súa CANDIDATURA ao PREMIO HANS CHRISTIAN ANDERSEN de literatura infantil e xuvenil. Desde esta biblioteca sumámonos tamén a homenaxe que vai recibir en Pontevedra o día 10 deste mes.
https://pontevedraviva.com/cultura/95818/ies-sanchez-canton-fina-casalderrey-premio-hans-christian-andersen-exposicion-biblioteca/?lang=es
Nesta exposición ocupan un lugar destacado os fondos literarios da biblioteca escritos pola autora, un retrato seu realizado por unha alumna de 4º de ESO, unha decoración variada e alegre baseada nos títulos e personaxes das súas novelas , carteis moi vistosos como por exemplo o deseñado en lettering por unha alumna de 3º de ESO e mesmo materiais dixitais (audios en podcast) creados por alumnas de 4º da ESO e que poden ser escoitados no blog da biblioteca “Novas Mesturas”.
O club de lectura do Sánchez tamén se suma a esta homenaxe e comezará as súas sesións lectoras lendo e comentando previamente fragmentos das obras da autora.
Agardamos que o xurado do premio sexa xusto e saiba aprezar o valor literario e persoal da nosa querida Fina Casalderrey, nós estamos ao seu lado.
luns, 5 de xuño de 2023
Recibimos ao equipo de gravación de "Un país para leerlo" TVE2
Pois a sorpresa foi maiúscula cando recibimos a chamada do programa da TVE2 "En país para leerlo" dicindo que viñan ao noso centro para gravar aos clubs de lectura.
O rebumbio entre a rapazada foi enorme, todos e todas quería participar e ao final foron os guionistas do programa e o equipo, os que seleccionaron as actividades do club e os clubs que ían gravar. Tres horas e media de gravación, repeticións, preguntas, ambienteeee... uf!! para 3 ou 4 minutos que sairán no programa.
Falamos con eles de dinamización da lectura, da organización dos clubs, entrevistaron a coordinadoras e á rapazada, pouco se falou de libros concretos... en fin... unha experiencia... e non sabemos o que irá destacarse no programa que se vai emitir no verán.
sábado, 29 de abril de 2023
"Non estamos quebrades" de Nee Barros, encontro no Salón do Libro.
O escritor, activista e influencer nas redes sociais Nee Barros, presentounos a súa última obra, a novela gañadora do Premio María Victoria Moreno "Non estamos quebrades".
No marco do Salón do Libro falamos con el sobre igualdade, diversidade de xénero e diversidade sexual, identidade e todos os temas que se tratan na novela.
Preguntamos, debatemos e reflexionamos sobre a homofobia e as persoas intolerantes e sobre o difícil que é nalgunhas idades atopar a propia identidade.
Tamén puidemos falar do uso da normativa reintegracionista e do emprego igualitario do pronome neutro "elu".
Unha novela que nos gustou moito e que recomendaremos aos e ás compañeirxs.
venres, 28 de abril de 2023
xoves, 27 de abril de 2023
"Game over" Santiago Lopo no Salón do Libro
O autor respondeu a todas as preguntas que lle fixemos despois de ler a novela, sobre a súa fonte de inspiración, a creación dos personaxes, o impacto do premio, as ilustracións e como non, sobre o oficio de escritor.
Puidemos plantexarlle as nosas dúbidas sobre o desenlace da obra e compartir a nosa valoración da mesma.
martes, 25 de abril de 2023
Encontro con Enma Pedreira, "Os libros que hai en min", no Salón do Libro.
A autora foi encantadora, amable e moi paciente con nós polo que se creou un clima de curiosidade e aprendizaxe arredor do mundo dos libros moi enriquecedor. Grazas Enma polo que amablemente nos ensinaches, de certo que aprezamos máis agora o mundo dos libros.
luns, 24 de abril de 2023
Festa dos clubs de lectura no Salón do Libro
E puidemos facer a nosa foto tradicional con ORBIL:
martes, 18 de abril de 2023
Roteiro literario alemán / galego "A miña cidade"
A visita ao noso centro do alumnado e profesoras de Bonn supuxo para nós todo un reto: o alumnado do club de lectura de 1º de ESO tiñamos que preparar un roteiro pola nosa cidade para llela presentar aos nosos visitantes, e dándo voltas e reviravoltas concluímos que o mellor era partir dun álbum ilustrado que podía apoiar as nosas lecturas e explicacións con imaxes. Seleccionamos pois o álbum "A miña cidade" de Eva Mejuto e Susana Suniaga, traducimos o texto do galego ao castelán e logo ao alemán e carregados de ilusión alá levámolos de roteiro.
As lecturas fixéronse ao tempo en galego/alemán e co apoio do castelán que estudian alá comprobamos que a literatura é un punto de encontro marabilloso para entendermos en calquera lingua.
Jacobo, Aglaia, Nico, Víctor, Helena, Nora e Martina fixeron un excelente traballo, bravo por elxs!!!!
xoves, 23 de marzo de 2023
"Que se me pare o corazón se te esquezo" de Andrea Maceiras.
Comezamos nova lectura enfrontándonos aos retos publicados nas redes, aos amores, aos desentendidos xeracionais cos pais na adolescencia, coas depresións... este título de Andrea Maceiras gañador do Premio Raíña Lupa de seguro que nos vai dar moito do que falar:
Xuño 2023:
" Este último libro foi moi interesante xa que trata temas moi actuais e serve para darse de conta da realidade que acontece nas redes sociais hoxe en día. Puiden falar deste libro cos meus compañeiros, comentar a historia e intercambiar opinións" Lucía e Carme.
xoves, 16 de marzo de 2023
Roteiro literario "Peixiño desnortado"
E a intensa mañá literaria non podía rematar sen realizar un roteiro pola parte más estraña da nosa cidade da man do "Peixiño desnortado". Un pouco desnortados tamén nós pola presenza da choiva, coma a protagonista do libro percorremos a zona monumental baixa, esa que non visitan os turistas pero que nos achega ás entrañables personaxes populares da obra de Tanmara Andrés:
Encontro poético con Tamara Andrés: Irmá Paxaro
Logo do recreo tivemos un encontro poético con Tamara Andrés os clubs de 1º de bacharelato e de 4º de ESO C e a poesía encheu de cores, sensacións e sentimentos a nosa biblioteca e os corazóns da nosa rapazada. Preguntas e versos voaron coas ás da Irmá Paxaro:
A poeta Tamara Andrés co club de 2ºbach/4º ESO
A visita da poeta Tamara Andrés foi moi intensa, no recreo tivo unha xuntanza co club de lectura de 2ºBach/4º ESO, unha sorpresa, un agasallo fermoso que as mozas do club recibiron con moita ilusión; puideron falar de clubs de lectura (pois a poeta cando estudante formou parte do club de lectura do seu instituto) , de poesía e da escrita. Un encontro marabilloso:
E o presente e o futuro da palabra poética en galego déronse a man: Tamara Andrés e Mariña Maceiras.
luns, 6 de marzo de 2023
Roteiro literario pola Memoria
Acompañados pola profesora Mª Xesús Escudeiro, esta tarde, os clubs de lectura de 4º de ESO fixemos un percorrido pola nosa cidade para falar e ler arredor do que aconteceu nos primeiro días do golpe de estado do 36 aquí.
Escoitamos estremecedoras historias de vida que nos relatou a profesora e tamén lemos textos interesantes sobre o tema, algúns tan tristes e enternecedoras coma a carta de despedida que Alexandre Bóveda lle enviou á súa dona Amalia Álvarez desde o cárcere pouco antes de ser asasinado.
Un roteiro de certo moi enriquecedor.
xoves, 16 de febreiro de 2023
As profesoras visitantes reúnense co club de lectura.
A profesora francesa de Nantes que está visitando o noso instituto reuniuse esta mañá coas alumnas do club de 4º de ESO para coñecer como funciona un club de lectura xa que no seu centro descoñencen esta práctica lectora:
Máis adiantado o curso, no mes de maio, recibimos tamén a visita de Katreen a profesora alemana que viña do norte de Alemaña, ela reuniuse co club mixto de 2º de bacharelato/4º ESO, e con ela falamos da posibilidade de crear o vindeiro curso un club de lectura virtual alemán/español:
luns, 6 de febreiro de 2023
Silencio "Gravamos"
O programa de Memoria e igualdade do noso Concello "Memoria de Elefanta" convidou ao club de lectura mixto 2ºBach/4º ESO a gravar un PODCAST para falar e recomendar as lecturas que se fixeron relacionadas con ese tema; resultou unha experiencia gratificante (aínda que houbo moitos nervios) e serviunos para revisar lecturas como "A ladroa da biblioteca de Meirás" de Eva Mejuto, A nena lectora" de Manuel Rivas ou "As malas mulleres" de Marilar Aleixandre:
xoves, 19 de xaneiro de 2023
Preparando as lecturas para recibir á poeta TAMARA ANDRÉS
O Ministerio de Educación concedeunos o programa de Encontros con escritores nos institutos, en concreto imos recibir á poeta Tamara Andrés polo que os clubs preparamos as novas lecturas: Irmá Paxaro no club de 1º de bacharelato e Peixiño desnortado (recén saído do prelo) no club de 4º de ESO.
venres, 13 de xaneiro de 2023
Recibimos o Premio da man do Conselleiro de Educación
En Compostela, todos os clubs de lectura de Galicia que acadamos o Premio Nacional fomos agasallados cunha placa do premio e unha palabras de agradecemento do Conselleiro de Educación D. Román Rodríguez:
E saímos no Portal Educativo da Xunta: