martes, 28 de novembro de 2023
Un "bindi" para USHA
luns, 27 de novembro de 2023
Entrevistamos ao historiador Pepe Álvarez. Memoria e lectura.
A conversa foi moi construtiva xa que lles aportou moita información sobre os represaliados e represaliadas na nos zona durande a Guerra Civil e posteriormente; faloulles das Asociación pola memoria e do traballo que realizan para visibilizar os casos e axudar ás familias no proceso de recuperación dos restos dos desaparecidos.
" Para poñer en valor algo, díxolles, primeiro hai que coñecelo, ler libros, ver documentais, contactar con asociacións, realizar proxectos en clase... sobre o tema (...) Hai que falar do pasado máis traumático, a Memoria explica o pasado e fai que entendamos o presente"
Pepe Álvarez agasallounos con copias de distintos documentos entre os que se atopaban a carta de despedida de Alexandre Bóveda á súa esposa ou a folla dun diario dunha costureira de Baiona presa na cadea en León. Tamén nos recomendou a que vai ser unha das nosas lecturas:
Quen escribirá a miña historia? da escritora Iria Morgade Valcárcel recén publicada e que nos relata a historia do campo de concentración do Mosteiro de Oia, dos deseños e mensaxes que alí nas paredes realizaron os presos e dos asasinatos cometidos.
Grazas mil ao profesor por achegarse á nosa biblioteca e responder ás nosas preguntas.
Comentamos "O bestiario científico de Anxos Nogueirosa"
Clicade no seguinte enlace para acceder á información:
https://saladelecturasc.blogspot.com/2019/01/o-bestiario-cientifico-de-anxos.html
Antonio M. Fraga preséntanos o espazo e a historia:
Club de lectura de familias: Encontros de decembro.
GRUPO 1º e 4º DE ESO
Velloucas e minchas de Lorena Conde:
https://saladelecturasc.blogspot.com/2020/11/p-margin-bottom-0.html
GRUPO DE 2º e 3º de ESO
Usha de María Reimóndez:
mércores, 15 de novembro de 2023
Club de lectura de familias.
Estas mans-libro son das nais da nosa rapazada que onte participaron na primeira sesión do Club de lectura de familias.
Analizamos "Unha estrela no vento" de Ledicia Costas e "Nuestra Natacha" de Alejandro Casona, falamos de pandillas e conflitos entre adolescentes, de inclusividade e do mundo que rodea aos seus fillos e saltamos (de libro en libro) a falar de muller e empoderamento nos tempos da 2ª República, da ILE e das Misións Pedagóxicas.
Tamén houbo un oco para a poesía e escolleron un fermoso poema de Rosalía e outro de Aurora Luque, poeta esta última que non coñeciamos:
O vindeiro martes teremos a reunión coas familias de 1º e 4º de ESO: