xoves, 20 de xuño de 2024

Encontro literario coa autora Eva Mejuto do club de familias arredor de 22 segundos.

 Nesta ocasión a lectura reuniu ás mamás e aos fillos ( club de 2º de ESO)  nun encontro lector coa escritora Eva Mejuto e que serviu de colofón a este curso lector 23/24.


22 segundos
 foi a novela que favoreceu este punto de encontro familiar, o tema do tratamento da diversidade de xénero, da transexualidade  e o seu tratamento entre os adolescentes nos centros de ensino foi a porta que nos abriu a autora para debullar nos capítulos da súa novela. A partir da obra tamén as mamás aportaron o seu gran de area falándonos da súa experiencia profesional a respecto do tema, en concreto na sanidade e nos xulgados de menores. 

Agradecemos a Eva Mejuto que nos fixera un oco na súa apertada axenda e fora tan receptiva coas nosas preguntas e comentarios.  E ata aquí esta experiencia de lectura adultos/adolescentes que pon fin ao noso curso lector.