Amosando publicacións coa etiqueta Eli Rios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Eli Rios. Amosar todas as publicacións

xoves, 4 de abril de 2019

Encontro lector con Eli Ríos "DX"





O club de lectura de 4º C puido compartir as súas impresións sobre a lectura de "DX" coa autora da novela Eli Ríos.

Todo un gustazo encontrarnos con Eli no Salón do Libro, falar de lecturas, de diversidade sexual e de diversidade de xénero.

A partir de DX puidemos debater e reflexionar coa autora sobre moitos temas de actualidade como o respecto pola identidade (sexual ou de xénero) de cada persoa, sobre os perigosos avances da tecnoloxía sen control, do rápido que vai o mundo e do pouco que pensamos sobre o noso futuro.

Un caloroso encontro que nos deixou un doce sabor de boca para seguir afondando e lendo a obra de Eli Ríos.








xoves, 17 de xaneiro de 2019

DX de Eli Ríos no club de lectura de 4º ESO C.


31 de decembro do 2019, dan as doce badaladas, André e Morgan teñen un encontro amoroso no cuarto das fregonas... así comeza esta novela de Eli Ríos que cun ritmo narrativo áxil vainos levar polos camiños da vertixe e da loucura.

Na Coruña hai unha empresa punteira tecnoloxicamente falando, na que ambos os protagonistas traballan, un ou unha? é un xenio ciencia e o outro ou outra? ocúpase da limpeza, o encontro entre os dous vainos imbuír nunha trepidante aventura por sobrevivir.

Amor, aventuras, ambición, ciencia, tecnoloxía... son temas que atopamos nesta novela que nos fará saltar, correr, fuxir... cos protagonistas, non é unha obra para descansar e relaxarse senón máis ben para inmiscirnos nas aventuras e vivilas intensamente, de seguro que algún calafrío nos producirá a súa lectura.

Feliz viaxe ao futurooooooo..... !!!

Se vos presta podedes escoitalo da voz da propia autora no zig-zag diario: 

13:23 Eli Ríos, autora de DX: "O amor non pode ser algo agresivo nin violento nin negativo".