Nos clubs de 2º de bacharelato leremos:
- Invisibles de Montse Fajardo. (sobre o tema do maltrato) - Compartindo lectura co Consello da Muller Nova do noso instituto.
- A praia dos afogados de Domingo Villar. (novela policíaca e de suspense)
- A dúbida de María Reimóndez. ( sobre o tema dos abusos a menores)
(Presentación de "Invisibles" de Montse Fajardo)
No club do CGTD lerán: Xa non estou aquí de Iria Misa (novela sobre os problemas dos adolescentes)
Nos clubs de 1º de ESO, intercambian os libros entre eles:
- Palabras de auga de Marcos Calveiro. (sobre os problemas dos nenos en África).
- O neno inverno de María Canosa (sobre a incomprensión ante a diversidade).
Nos clubs de 2º de ESO leremos:
- Usha de María Reimóndez ( O traballo nunha ONG na India).
- Xulio Verne e a vida das mulleres planta de Ledicia Costas ( unha fermosa historia de fantasía na que un dos personaxes é o famoso escritor Jules Verne).
No club de 4º de ESO lerán:
- Anágnorise de Mª Victoria Moreno ( os problemas e a incomprensión nos adolescentes da escritora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano) .
Nos clubs de 1º de bacharelato leremos:
- 22 segundos de Eva Mejuto ( Cando naces nun corpo no que te sintes estraño...)
- A arte de trobar de Santiago Lopo.
E máis lecturas as dos clubs de inglés, francés e español que seguirán profundando na obra do escritor Jules Verne.
(Jessica lendo Invisibles).
No club de adultos estamos lendo:
- Sapos e sereas de Ana Cabaleiro (relatos con sapos... e sereas).