O luns, os clubs de lectura de 1º de ESO, puidemos asistir cunha chea de rapazada doutros institutos a unha conferencia da escritora María Solar, arredor da súa novela "Os nenos da varíola".
Na súa charla a escritora e presentadora da TVG, relatounos como despois de rematar a carreira de Bioloxía pasou a ser presentadota na televisión e como comezou a escribir.
Contounos como se interesou polo tema central desta obra, o traslado da vacina da varíola a América, como se documentou e como imaxinou e escribiu a historia. Aportounos moitos datos como en que consistía a enfermidade, como se crearon as vacinas e sobre os personaxes protagonistas da novela baseados en personaxes reais.
Despois de responder ás nosas preguntas, amablemente permitiu que nos fotografáramos con ela:
Os grupos de club de lectura e Consello da Muller Nova participamos nun fermoso obradoiro de poesía e igualdade da man da poeta Tamara Andrés Padín; este obradoiro, en palabras da autora:
" Todas as linguaxes na miña boca ". Obradoiro impartido por Tamara Andrés.
Este obradoiro pon o foco nas poesía galega contemporánea de autoría feminina. Aprenderemos quen son as mulleres que escriben poesía en Galicia e leremos poemas delas que reflexionen sobre a realidade de pertencer ao xénero feminino. Así, estableceremos un espazo de reflexión común a través dun laboratorio de lectura colectiva. Despois diso, cada alumna/alumno escribirá de xeito individual unha idea para un poema que escribiría desde a súa experiencia e desde a perspectiva de xénero. Incentivarase a escritura do poema e poranse en común os textos producidos.
Unha moito proveitosa xornada para reflexionar, visibilizar e gozar da poesía feminina.
Nunca é tarde para comezar, e este mes de decembro comezan a súa andaina dous grupos de clubs...
O club de 1º de ESO en lingua española coa coordinación da profesora Lucía e que van ler a obra da escritora mexicana MaríaGarcía Esperón "Mi abuelo Moztezuma"
O club de igualdade asociado tamén ao Consello da Muller Nova coordinado pola profesora María Buceta e que van ler "Todos deberiamos ser feministas" de Chimamanda Adichie:
"Cabalos e lobos" do escritor vigués, Fran P. Lorenzo foi a novela lida neste trimestre polos clubs de lectura de 1º de bacharelato, narrativa en galego e este venres tivemos o pracer de conversar co autor que amablemente contestou ás nosa preguntas arredor da lectura.
Vigo, a represión franquista, a homosexualidade, a presenza nazi na cidade olívica na posguerra, foron os temas centrais arredor dos cales xirou a conversa a maiores das moitas preguntas que se fixeron sobre o argumento da novela, das actitudes e comportamentos dos personaxes da familia.
Ao longo desta semana fóronse presentando novos clubs de lectura, grupos lectores de "Nube de palabras" e as súas lecturas do 1º trimestre; como novidade estreámonos coa banda deseñada por vez primeira con Kiko Da Silva.
A primeira sesión do club do curso sempre é moi emocionante, e máis cando todas as cariñas que se reúnen ao teu carón acaban de chegar ao instituto e todo é novo para eles e elas.
Este luns no recreo presentamos aos grupos lectores mixto de lingua inglesa (4º de ESO e 1º de bacharelato) e o grupo A de 1º de ESO, repartimos os contratos responsables, comemos boliñas de chocolate e entregamos e pactamos as primeiras lecturas. Estas son as imaxes:
Pois xa estamos preparados para comezar as nosas andainas lectoras deste ano académico, despois dun proceso "encaixe de boliños" coas preferencias do alumnado matriculado e do profesorado coordinador dos grupos, preparada e enviada a documentación para participar no programa da Xunta, redixido proxecto, presentado este ao Claustro de Profesores e ao Consello Escolar para a súa aprobación.... ufffff!!!!! papeis e máis papeis, listados, borradores.... por fin....
COMEZAMOS........
13 grupos lectores, 115 alumnos e alumnas, 8 coordinadores e coordinadoras e 13 lecturas seleccionadas (variadas, diversas en temas, linguas, formatos, autores... todas elas de gran calidade por certo) a vindeira semana poderemos presentarnos, vernos as caras e comezar coas LECTURAS COMPARTIDAS.
Como novidade este curso comezamos cun grupo lector de igualdade en 1º de bacharelato que estará moi relacionado co labor do Consello da Muller Nova e co grupo de apoio LGBTIQ+ do noso centro de ensino.
Pouco a pouco iremos colgando as fotos das presentacións dos grupos lectores pero para abrir boca, imos adiantar en exclusiva as nosas previsións lectoras para o primeiro trimestre nas diferentes seccións do noso Club "Nube de Palabras":
1º de ESO:
Lingua galega, grupo A. Coordinador Juan García (Relixión): Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta de Ledicia Costas.
Lingua galega, grupo B. Coordinadora Anxos Rial (Lingua Galega) Conta nove estrelas de Andrea Maceiras.
Lingua española. Coordinadora Lucía Neira (Lingua Castelá) Defensores de dragones de Esther Vázquez.
2º/3º de ESO:
Lingua galega. Coordinadora Salomé Díaz (Lingua Galega). O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro.
4º de ESO:
Linguas clásicas. Coordinadora Loli Castro (Linguas Clásicas). O kilix dos deuses de Nicanor Alonso.
Lingua galega, grupo A. Coordinadora Anxos Rial (Lingua Galega) Memoria do silencio de Eva Mejuto.
Lingua galega, grupo B.Coordinadora Anxos Rial (Lingua Galega) O inferno do debuxante de Kiko Da Silva.
1º/2º Bacharelato:
Linguas clásicas. Coordinadora Loli Castro (Linguas Clásicas). Circe ou o pracer do azul de Begoña Camaño.
Lingua galega, grupo A. Coordinadora Anxos Rial (Lingua Galega) Cabalos e lobos de Fran P. Lorenzo.
Lingua galega, grupo B. Coordinadora Conchi Díaz (Lingua Galega) Tu contas, eu conto de Susana Aríns.
Lingua galega, grupo B. Coordinadora Conchi Díaz (Lingua Galega). Noite estrelada de Jimmy Liao.
Grupo de Igualdade. Coordinadora María Buceta (Matemáticas). Masculino Singular de Carlos Negro / Invisibles de Montse Fajardo.
4º ESO/1º Bacharelato:
Lingua inglesa. Coordinadora María José Torres. A
Sherlock Homes Collection.
Actividades e colaboración con clubs:
Este ano colaboraremos co Club de Lectura de 1º de ESO do IES Agra do Orzán arredor da lectura "Conta nove estrelas" de Andrea Maceiras con visita á cidade de A Coruña; realizaremos un Roteiro lector á Illa de San Simón arredor da lectura "Noite de voraces sombras" de Agustín Fernández Paz para alumnado de 3º e 4º de ESO, teremos un encontro lector con Fran P. Lorenzo arredor de Cabalos e lobos para o laumnado de 1º de bacharelato, en novembro e seremos socios colaboradores do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra...
Como novidade participaremos nunha merenda lectora coas persoas da Residencia da Terceira Idade de Campolongo.
E de seguro que moitas máis actividades por programar.
Benvidos e benvidas pois, todos e todas, a esta nova andaina lectora do noso club "NUBE DE PALABRAS".
Pois xa estamos de volta e comenzando un novo curso lector cheo de novos títulos e actividades.
Como novidade este curso realizaremos a recollida de anotacións electronicamente, xa sabedes que hai que aforrar papel para darlle longa vida ás nosas árbores... a lectura sempre da man da ecoloxía.
Cubride o seguinte formulario e xa nos poremos en contacto con vós. Lembrade que o prazo remata o 4 de outubro e que sempre hai lista de espera.
No cartafol nº 24 deste curso académico tamén se fala das actividades do noso club de lectura, un grande traballo do Equipo de Normalización Lingüística co profesor Janeiro ao frente. Parabéns para todos e todas.
Pois por fin chegou o día: mañá os clubs de lectura de 4º e 3º de ESO ímonos de roteiro literario a Ribadavia con Eva Mejuto, arredor da súa novela Memoria do silencio.
Achegarémonos á historia das irmás Touza, coñeceremos datos sobre á súa participación na cadea para salvar aos xudeus da persecución nazi, mais tamén nos achegaremos á historia, arte e cultura da vila do Ribeiro... e á súa gastronomía xudía (sorpresa, sorpresa...)
Todo un pracer vai ser percorrer Ribadavia con Eva Mejuto, compartir as súas pesquisas, nas que se baseou para escribir a novela, falar dos personaxes e dalgún xeito render xuntos e xuntas unha sentida homenaxe ás protagonistas da historia. Lola, Günter e Frida de seguro acompañarán os nosos pasos no roteiro.
Os versos de Celso Emilio, de Rosalía e cantares populares servirán para introducirnos na apaixonante cultura literaria de O Ribeiro.
Haberá tempo para lecer, para mercar melindres e descansar da calor cun xantar "picnic" na área de A Veronza.
Un fermoso broche de ouro para as nosas lecturas deste curso 18/19. Desfrutade da visita.
2º Bacharelato, despídese dos clubs (despois de tres cursos de fidelidade total) e do centro.
Tu contas e eu conto, obra de Susana Sanchez Arins, foi un tanto interesante e sorprendente tanto polo seu idioma como pola sua estructura e temas a tratar. A primeira historia foi referencia a un parto, no cal a protagonista do mesmo, Marta, era axudada por unha enfermeira na ausencia do seu marido, Marcos. esta a sua vez falava con empregados da que probablemente sería a suavizar empresa posto que era coñecida como "bossy". neste capítulo, tamén queda de manifesto a escaseza de elementos médicos na época na que se desenvolve a historia, ou polo menos, nese concreto hospital, posto que a epidural, que lle fora asinada nun primeiro momento, era demandada na zona de urxencias do hospital. finalmente chega o seu marido. este foi o meu relato favorito, posto que trata con moita naturalidade. e con certo ton propio unha película, un tema que na mayoría dos casos pode ser como tabú, ou que produce certa vergoña falar do mesmo.
falaba*
En canto ao referente á estructura chamoume a atención a disposición dos relatos, posto que estes estaban separados por un poema nop que ao meu entender, facía referencia a algún aspecto importante tratado anteriormente no relato. por exemplo o do Tito Alba e o posterior poema no que explica ao que se refire con rara, que tamén da nome ao poema. e respecto ao idioma, taño que decir que anda que en trazos xerais non era mol doado comprender os grandes rasgos da obra, a nivel particular desde o meu punto de vista si que me presentou algún que outro problema para coñecer o significado de determinados vocablos, o que tamén me impediu comprender correctamente o último capitulo propósito para ler. Aínda así, considero que ler noutro idioma que non é o oficial no noso territorio, ou que ao menos, estamos acostumados a falar, é unha experiência moi enriquecedora que pode abrir a nosa mente a novos puntos de vista, así como aumentar o noso vocabulario noutros idiomas. Recoméndoo sen ningunha. dúbida.
Nerea Arosa, 2º Bach E
O libro “TU
CONTAS E EU CONTO” de Susana Sanches Arins, foi una novidade
para min, xa que nunca me atrevera a leer un libro escrito en
reintegrado.
Pareceme un
libro innovador en moitos sentidos, destacamos por exemplo que
trátase dunha obra que contén 17 relatos e 17 poemas e que ao
rematar cada relatato aparece un poema.
Ao comezar
o primer relato tiven medo de non entender nada, o primeiro “o
parto”, pareceume sinxelo de leer e entender pero ao cambiar ao
seguinte , xa me perdin un pouco, así como o terceiro , ambos tiven
que releelos dúas veces.
Ata aquí
pode decir do pouco que puiden
leer, pero espero seguir con este libro e gustaríame enterarme que
pasou con Marcos e con Marta.
O club de lectura mixto de 4º de ESO e 1º de bacharelato (linguas clásicas), realizamos un encontro coa nosa querida escritora e académica Marilar Aleixandre para completar a nosa lectura da súa obra: "A filla do Minotauro" gañadora do premio Raíña Lupa.
or suposto que a conversa xirou arredor da visión da mitoloxía que a autora nos dá no libro, do valor das linguas clásicas e da urxencia de rematar co contrabando das obras de arte.
Marilar respondeu ás nosas preguntas con amabilidade e puidemos decatarnos da gran sabedoría que transmite a escritora coas súas palabras, da riqueza da linguaxe que utiliza e do importante valor das súas ensinanzas.
Un encontro de gran forza e moita aprendizaxe que serviu para profundizar na nosa lectura da obra e gozar dunha das escritoras clásicas en lingua galega. Un marabilloso pracer.
A nosa rapazada dos clubs de lectura de 2º de ESO e de 1º de ESO (grupos 1 e 2) recibiu con moita ilusión e agarimo a escritora brasileira Marina Colasanti para conversar con ela sobre contos de fadas e princesas, sobre unicornios e reis, sobre tecelás ( el confesou gostar muito de tecer!), xogos e espellos que poboan o fermolo libro que tiñan lido da autora: O labirinto do vento.
Os compoñentes dos clubs esperaban con moita espectación a Marina Colasanti xa que o libro e a interpretación dos contos foran moi debatidos nos encontros lectores e de certo que ficaron marabillados coa gran personalidade da autora, coas súas fermosas palabras, coa historia do pombo que lles narrou ( un agasallo dos deuses), e coa sonoridade do seu brasileiro (descubrindo encantados que podían entendela sen problemas).
Ben certo é tamén que a autora ficou tamén encantada coas crianças, de como tiñan preparada a súa visita e das preguntas que lle fixeron. Unha xornada moi emotiva para o alumnado clubeiro e tamén para as coordinadoras clubeiras que os acompañamos neste encontro. Todos e todas namoramos de Marina Colasanti.
Marina Colasanti é
unha das escritoras e contadoras de contos de máis sona internacional,
mundialmente premiada e agasallada polas súas obras e de certo que foi un luxo
para nós desfrutar da súa compañía na biblioteca do Sánchez Cantón.
Os compoñentes dos
clubs esperaban con moita espectación a Marina Colasanti xa que o libro e a
interpretación dos contos foran moi debatidos nos encontros lectores e finalmente
ficaron marabillados coa gran personalidade da autora, coas súas fermosas
palabras, coa historia do pombo que lles narrou (un agasallo dos deuses), e coa
sonoridade do seu brasileiro (descubrindo encantados que podían entendela sen
problemas).
Sobre os contos de O labirinto do vento a
autora dixo:
“ Eu non quixen vincular unha única mensaxe en
cada conto, iso é muito pobre; cada conto ten muitas mensaxes: ten as mensaxes
que o lector escoller para si; esa é a riqueza dos contos de fadas que sendo
metafóricos, eles xogan co inconsciente do lector e o lector tira dalí o que
lle convén, o que el prefere, aquilo que el precisa. O autor é cómplice do
autor neses contos.”
Ben certo é que a
autora ficou tamén encantada coas “crianças” asistentes ao encontro, de como
tiñan preparada a súa visita e das preguntas que lle fixeron.
Unha xornada moi
emotiva pois para o alumnado clubeiro e tamén para as coordinadoras clubeiras
que os acompañamos neste encontro.
Todos e todas os
presentes namoramos de Marina Colasanti.
O pasado luns, o club de lectura de 4º de ESO A participou nun encontro lector con Antonio M. Fraga no Salón do Libro.
Compartir as súas impresións sobre a lectura, preguntar ao autor as dúbidas, escoitar na voz do escritor explicacións sobre o contexto histórico da novela, ver as fotos dos lugares nos que se desenvolve a trama... foi unha experiencia agradable e moi enriquecedora para a rapazada.
Puideron pois inquirir sobre o como e os porqués da creación literaria, o proceso de documentación para escribir a novela, descubrir a imaxinación desbordante do autor á hora de crear cada un dos seres que conforman o bestiario... foi un gran pracer e tod@s volvemos moi contentos ao centro.
Aínda que non estivo connosco tamén houbo espazo para falar do ilustrador, Víctor Rivas, e das súas marabillosas imaxes, portada e bestiario.Ademais fomos agasallad@s cunhas fermosas postais cunha das imaxes do ilustrador do libro grazas a Andrea.
O club de lectura de 4º C puido compartir as súas impresións sobre a lectura de "DX" coa autora da novela Eli Ríos.
Todo un gustazo encontrarnos con Eli no Salón do Libro, falar de lecturas, de diversidade sexual e de diversidade de xénero.
A partir de DX puidemos debater e reflexionar coa autora sobre moitos temas de actualidade como o respecto pola identidade (sexual ou de xénero) de cada persoa, sobre os perigosos avances da tecnoloxía sen control, do rápido que vai o mundo e do pouco que pensamos sobre o noso futuro.
Un caloroso encontro que nos deixou un doce sabor de boca para seguir afondando e lendo a obra de Eli Ríos.