No día de hoxe celebrouse O Día da Radio e a emisora, Onda Cero, visitounos para gravar á rapazada do club de lectura de 4º de ESO, falando precisamente de "Nube de palabras" o proxecto dos clubs de lectura que desenvolvemos no IES Sánchez Cantón.
A gravación realizouse xa que colaboramos co programa "Dálle á lingua" desta emisora que será emitido a partir do 18 deste mes ata o 1 de marzo, de luns a venres a partir das 11,55.
Cando os podcast sexan publicados deixarémosvos neste post o enlace. Valla como adianto algunhas fotos da grabación desta mañá:
Ningún comentario:
Publicar un comentario