mércores, 21 de decembro de 2022

Celebramos o Premio Nacional:

 


Recibimos ao escritor Manuel Portas, "Unha cervexa Chang"

 O club de ectura de 2º de bacharelato de Literatura galega do século XX realizou un encontro lector co escritor Manuel Portas arredor da súa novela "Unha cervexa Chang"; sen dúbida foi un proveitoso encontro no que debullaron o libro, fixéron preguntas ao autor e analizaron a trama a partir dun mural que a rapazada do club tiña previamente preparado;  e para finalizar compartimos un cacho de rosca para celebrar o noso premio:


 



 

 

luns, 19 de decembro de 2022

Entrevista con Susana Pedreira de Onda Cero .

 

  Unha representación dos nosos clubs de lectura acudimos á emisora de Onda Cero na nosa cidade para ser entrevistadas pola xornalista Susana Pedreira, no enlace anterior podedes escoitar a entrevista. Grazas á cariñosa acollida de Susana puidemos sentirnos coma na nosa casa.





venres, 9 de decembro de 2022

2º Premio Nacional aos Clubs de Lectura

 Recibimos con moita ledicia un agasallo moi especial: O 2º Premio Nacional dos Clubs de lectura polas nosas prácticas lectoras do curso 2021/22; unha verdadeira festa para todo o equipo e a rapazada dos nosos clubs. 

E recibimos a felicitación en RED do noso alcalde: 


E fixéronse eco no Diario de Pontevedra: 


E nas nosas canles:


mércores, 7 de decembro de 2022

"Usha" lévanos ata a India e aprendemos a colocar un "sari"


 Da man de Usha, a protagonista da novela do mesmo nome de María Reimóndez chegamos esta mañá ata a India:  Aprendemos moitas cousas sobre coma se vive no país e entrounos a curiosidade de saber coma se coloca un "sari" e comprobar o incómodo que debe ser para as mulleres indias camiñar e moverse con esa vestimenta;  para iso pedímoslle a Antón que nos servise de modelo e así "meternos nos zapatos" destas mulleres.