Amosando publicacións coa etiqueta lecturas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lecturas b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 22 de xaneiro de 2022
sábado, 28 de outubro de 2017
Palabras de auga de Marcos Calveiro no club de 1º de ESO grupo 2.
Lecturas man a man, chocolate e moita ilusión o xoves na biblio para comezar a andaina lectora dos rapaces e rapazas de 1º de ESO grupo 2.
Puntualísimos esperaban a súa coordinadora coa sorpresa debuxada nos ollos: Que vai ser isto do club de lectura?
Explicamos, repartimos os contratos de responsabilidade, comemos boliñas de chocolate (non quedou ningunha) e presentamos esta obriña de Marcos Calveiro que aínda que xa foi publicada hai uns aniños segue a ser unha boa aposta para gozar da súa lectura nun club e comentar, profundar nela e analizala.
Esperamos que gocen de compartir lecturas este curso e que lles guste a novela.
Entrevista de Montse Dopico a Marcos Calveiro (escolma):
O tema de fondo é a loita pola supervivencia dunha tribo á que lle quitaron as súas terras…
É que nós tamén pertencemos a unha cultura ao bordo da extinción. Cada vez temos máis problemas e o tema da lingua é un bo exemplo. A min aínda me seguen preguntando por que escribo en galego. Por iso o libro pode ter algo de reflexo de como me sinto ás veces. Ademais, no fondo todas as culturas minorizadas se parecen, viven dificultades semellantes. O que pasa é que eu teño certa tendencia a escapar de Galicia para falar dela. Digamos que o meu camiño vai do global ao local, e non ao revés. Cando falo de que as mulleres africanas son o alicerce do clan malia estaren relegadas socialmente, tamén estou falando das mulleres da sociedade rural tradicional galega. Todos somos seres humanos, e non somos tan diferentes.
Outro dos piares do libro é a preocupación polo medio natural: os incendios, a destrución da paisaxe coas minas. E a ruptura desa relación tan estreita coa natureza que tiñan as sociedades rurais.
Iso é unha preocupación persoal tamén. O mundo labrego é de onde nacen as culturas. E ese mundo está esmorecendo, como tan ben contaron John Berger e outros autores. Hai rapaces de Vigo que xa perderon o contacto con ese mundo rural. E se ese mundo esmorece vanse con el moitas partes importantes da nosa cultura. Só hai que pensar por exemplo en todo o vocabulario que se perde. Ademais, é certo que sempre estamos contando a mesma historia, entón reflectimos o que nos preocupa. É o que fai Philip Roth, ou Paul Auster -e non me estou comparando con eles literariamente-. Cando escribimos non podemos ser outros, só podemos ser nós, e escribimos desde as nosas circunstancias.
domingo, 15 de outubro de 2017
DEGUSTACIÓN LITERARIA PARA COMEZAR O CURSO LECTOR NOS CLUBS DE 4º DE ESO E 1º BACHARELATO.
Mañá teremos a nosa primeira cita lectora cos clubs de 1º de bacharelato e 4º da ESO cunha actividade lectora moi golosa:
Unha degustación literaria, unha cata de lecturas e de doces, chocolate, biscoito e unha fermosa selección de lecturas para formar o voso paladar lector, para deleitarmos coa palabra e coa gastronomía.
Ademais recibiremos a visita dunha persoa que comparte con nós o seu amor e a súa sabedoría sobre libros e ensinanza, un encontro que estou certa que será moi especial e deixará unha importante pegada nos nosos hábitos lectores.
Esperámosvos na biblioteca despois da sesión das clases da tarde, con bo ánimo e apetito.
Non poderedes resistir a tentación !!!!!!
xoves, 12 de outubro de 2017
DE LECTURAS E CULTIVOS ESCOLARES; JULES VERNE, AS MULLERES PLANTA E O HORTO ESCOLAR.
Este curso lector imos centrar moitas das nosas lecturas arredor da obra do escritor francés JulesVerne e dalgunhas novelas que xiran tamén sobre o autor e o seu mundo coma personaxe:
"Viaxe ao centro da terra", "Around the World in 80 Days" de Jules Verne por citar algunhas ou a obra de Ledicia Costas " Xulio Verne e a vida das mulleres planta" (en galego e en castelán).
E coas plantas e a terra quixemos relacionar as nosas futuras lecturas a través dun proxecto que se está a desenvolver no noso centro desde o curso pasado: "O horto escolar"; desexamos que lecturas e terra sexan as sementes deste curso lector que agora comezamos e xa que logo queremos que o noso horto literario se vexa tan vizoso coma o noso horto escolar.
Pois logo collemos os libros e levámolos connosco a "O Verxel" (que é o nome do noso hortiño) e alí cobraron vida e decidiron rubir polas tomateiras, polas cabaceiras en flor, pousar ao lado das verdes leitugas e das cebolas e non marchar de volta á biblioteca sen aromatizarse co romeu, a menta e outros ricos olores que daquelas prantiñas saían.
Xa de volta nos andeis, as lecturas reunidas en asamblea decidiron que pedirían aos seus lectores que os achegasen de novo ao horto nas mans.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







