Amosando publicacións coa etiqueta club 4º ESO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club 4º ESO. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de xaneiro de 2019

DX de Eli Ríos no club de lectura de 4º ESO C.


31 de decembro do 2019, dan as doce badaladas, André e Morgan teñen un encontro amoroso no cuarto das fregonas... así comeza esta novela de Eli Ríos que cun ritmo narrativo áxil vainos levar polos camiños da vertixe e da loucura.

Na Coruña hai unha empresa punteira tecnoloxicamente falando, na que ambos os protagonistas traballan, un ou unha? é un xenio ciencia e o outro ou outra? ocúpase da limpeza, o encontro entre os dous vainos imbuír nunha trepidante aventura por sobrevivir.

Amor, aventuras, ambición, ciencia, tecnoloxía... son temas que atopamos nesta novela que nos fará saltar, correr, fuxir... cos protagonistas, non é unha obra para descansar e relaxarse senón máis ben para inmiscirnos nas aventuras e vivilas intensamente, de seguro que algún calafrío nos producirá a súa lectura.

Feliz viaxe ao futurooooooo..... !!!

Se vos presta podedes escoitalo da voz da propia autora no zig-zag diario: 

13:23 Eli Ríos, autora de DX: "O amor non pode ser algo agresivo nin violento nin negativo".







mércores, 16 de xaneiro de 2019

Encontro lector: O Kilix dos deuses de Nicanor Alonso


No día de onte tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca ao escritor e matemático Nicanor Alonso, autor da nosa recente lectura "O kilix dos deuses".

A rapazada do club de lectura mixto 4º ESO, 1º Bacharelato e algúns alumnos e alumnas de 2º de bacharelato que realizaran a lectura no club o curso pasado asistiron a este gratificante encontro co autor, pola aprendizaxe, polo comentario do libro e polo desfrute lector.

Interesante e entretido faladoiro cn Nicanor alonso que nos presentou a obra desde o seu interior, convidándonos a todos a pensar nas nosas orixes. E tamén nos recomendou insistentemente a lectura como medio de aprendizaxe para ser futuros escritores.

Grazas a Nicanor pola súa visita.






martes, 24 de outubro de 2017

Presentación do club de 4º de ESO


Despois da degustación literaria que tivemos o pasado luns e cun sabor aínda doce na boca, hoxe tivemos na biblioteca a primeira sesión do club de lectura de 4º de ESO; conxuntamente con Carme Mouriño que vai ser a coordinadora deste grupo, presentamos o club para os novo membros, repartimos contratos lectores, marcapáxinas e a nova lectura que nos vai acompañar neste trimestre: 

Xa non estou aquí de Iria Misa, obra pola que a autora recibiu o premio Jules Verne de literatura xuvenil 2016.

A novela cóntanos a historia de Ánxela, unha adolescente, e do seu grupo de amigos que viven buscando o pracer polo pracer. A desaparición de Ánxela é o motor que provoca que todos vaian tirando do fío ata desfacer o nobelo que esconde a trama.

Os protagonistas son personaxes desarraigados, produto de familias rotas de clase media acomodada  que se sinten perdidos no mundo que viven. A amistade, a homosexualidade na adolescencia, o mundo das drogas, os riscos e as subidas de adrenalima son temas que pairan sobre a novela que presenta unha estrutura moi interesante que pon en  destaque a individualidade e o poder do grupo a través do narrador colectivo.

Unha crítica á sociedade do benestar que "perde de vista"aos seus fillos aos que non é quen de protexer.

Pactamos a sección de lectura ata a próxima sesión e fixemos unhas fotos para o futuro.