Tras a lectura da novela de Rosa Aneiros Un amor como outro calquera" nos clubs de lectura de 1º de bacharelato B e o club de C quedamos con ganas de ampliar os nosos coñecementos sobre a Antártida e as investigacións científicas que alí se realizan e nada mellor que un encontro co biólogo mariño Luís Sampedro, investigador do CSIC na Misión Biolóxica de Salcedo (Pontevedra) que participou dun proxecto de investigación no continente branco e que ben podería ser o alter ego da Olalla Caínzos da nosa lectura.
Comezamos a sesión coa lectura dun fragmento escollido da nosa novela por Laura e a seguir Cecilia fíxolle un resumo da obra ao investigador para xa logo cederlle a palabra. Ao londo dunha hora a súa exposición divulgativa engaiolonos, falounos do proxecto que alí desenvolveu, de como o presentou, da viaxe ata a Antártida, da súa xeografía, temperatura, condicións de vida, do efecto espello, da organización do xeo e a súa expansión... foi superinteresante ver as imaxes que nos amosou, ver un albatros coma o albatros ferido que viu Olalla Caínzos e poder realizar preguntas que Luís Sampedro contestou con rigor e amabilidade.
E como queremos máis, o noso biólogo, que por certo levou a novela de Rosa Aneiros para ler, prometeunos volver despois das vacacións para falarnos da descomposición das algas e os seus efectos que alí estudou e do seu proxecto actual.
Sentímonos moi agradecidos e agradecidas a Luís pola súa amabilidade que nos conquistou e xa preparamos o próximo encontro ( a ver que impresións nos transmite da lectura da novela).

.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario