xoves, 16 de abril de 2026

"Escribo porque me gusta moitísimo imaxinar" Encontro lector con Rosa Aneiros.

 No día de hoxe, os clubs de lectura de 1º de bacharelato, tivemos o pracer de desfrutar dun encontro lector coa escritora Rosa Aneiros ao redor da lectura da novela gañadora do premio Raíña Lupa Unha historia de amor coma outra calquera.

O faladoiro coa escritora foi moi completo xa que se centrou na obra lida polos clubs ( temas, escrita, contexto, documentación e ambientación da novela, as e os  perfís dos e das personaxes, música, argumento, obxectivos de transmisión, bases científicas... ) coma arredor de temas coma as lecturas da rapazada, a escrita ( relacionando coa anterior actividade na radio), as competencias da escritora para "intentar meterse na cabeza do outro", a súa inquedanza para "preocuparse polo mundo que lles estamos deixando a nivel humano", a "necesidade de fomentar  a curiosidade e a imaxinación", etc.

Rosa Aneiros defende que "lemos o que queremos ler", "somos todos diferentes" mais na adolescencia prima o que nos une , falamos do que nos une, do que nos fai ser iguais., a ela gústalle "xogar cos palabras", "intentar meterse na cabeza do outro" e iso é o que lle permite a literatura.

A respecto da súa traxectoria literaria di que "procura romper moito entre obra e obra, cambiar de rexistro ao escribir", lembra que "todos somos diferentes " e a literatura permítelle "meterse na cabeza do outro". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario