martes, 10 de outubro de 2017

Beizóns para este novo blog

Botei 34 anos de feliz traballo no IES Sánchez Cantón sempre sosténdome en tres columnas: o alumnado, o profesorado e os libros; porque a Biblioteca e as lecturas foron unha peza fundamental na miña vida docente. Por iso me produce unha fonda ledicia o nacemento deste blog para comentar libros. A lectura é un agasallo, un dos praceres dos que podemos gozar os humanos: que actividade pode superar á lectura en silencio ou cos auriculares postos dunha boa historia ou dun poema? Ademais agora cos clubs de lectura poderedes compartir con outras persoas as vosas impresións e sensacións sobre os libros. Que máis se pode pedir?
PARABÉNS e a LER!!!
Xaquín Marín ve así ao Balbino, o neno labrego de Neira Vilas, que el vos acompañe!

7 comentarios:

  1. Grazas mil profe Anxo por iniciar o camiño na nosa compañía; os clubs de lectura do Sánchez Cantón farán perdurar o teu labor e gozarán das boas lecturas.

    ResponderEliminar
  2. Encántame, e penso aprender moito aquí!

    ResponderEliminar
  3. Noraboa compañeiras/os por esta iniciativa, que mellor padriño para a primeira entrada

    ResponderEliminar
  4. A miña noraboa e os mellores desexos dunha longa e vizosa andaina neste novo caderno de lecturas, lectoras e lectores.

    ResponderEliminar
  5. Parabéns a este novo blog. Ademais con padriños e madriñas de luxo. Moita sorte

    ResponderEliminar
  6. Parabéns a este novo blog. Ademais con padriños e madriñas de luxo. Moita sorte

    ResponderEliminar