xoves, 15 de novembro de 2018
xoves, 11 de outubro de 2018
mércores, 10 de outubro de 2018
Programación de lecturas para o primeiro trimestre "Nube de palabras"
Á espera de que se publiquen dous libros de poesía polos que agardamos con moita ilusión 💙, a narrativa é o xénero que vai dominar a programación lectora deste primeiro trimestre, é a narrativa en lingua galega xa que logo os grupos en lingua galega son os máis numerosos.
PRIMEIRO TRIMESTRE:
Grupo A: "O torques de ouro" de Lourdes Maceiras.
Grupo B: " Corredora" de María Reimóndez.
2º de ESO, narrativa en galego:
Grupo A (lectores avanzados): "A balada dos Unicornios" de Ledicia Costas.
Grupo B: Lectura por determinar.
3º de ESO:
Grupo A, narrativa en galego: "22 segundos" de Eva Mejuto.
Grupo A, inglés: "A Sherlock Homes Collection"
Grupo B, inglés: "A Sherlock Homes Collection"
Grupo A, narrativa en castelán: "El gran sueño" de Jordi Sierra y Fabra.
4º de ESO:
Grupo A, narrativa en galego: "O libro das alquimias" de Xesús Constela.
Grupo B, narrativa en galego: "O que sei do silencio" de Andrea Maceiras.
Grupo C, narrativa en galego: "22 segundos" de Eva Mejuto
Grupo D, narrativa en galego: "Corredores de sombras" de Agustín Fernádez Paz
Grupos A e B de francés: “ A volta ao mundo en 80 días” de Jules Verne.
Mixto 1º de bacharelato:
"O kilix dos deuses"de Nicanor Alonso Álvarez.
2º de bacharelato, narrativa en galego:
Grupo A: "Invisibles" de Montserrat Fajardo.
Grupo C: "Resistencia" de Rosa Aneiros.
Grupo D: "Bonus track" de Rosalía Fernández Rial.
Grupo B: "A arte de trobar" de Santiago Lopo.
Grupo de profesorado e persoal non docente:
"A nena do abrigo de astracán" de Xabier P. Do Campo.
Grupos de pais e nais:
Lectura sen determinar á espera que se celebre a asamblea da ANPA.
Quen afirma que os adolescentes non len ? Clubs de lectura do curso 2018/19 "NUBE DE PALABRAS"
Cos seguintes datos estatísticos demostramos que "A RAPAZADA LE" ...
e se hai quen o dubide que se pase pola biblioteca do IES SÁNCHEZ CANTÓN por exemplo un xoves, e verán 5 grupos lectores falando de lecturas...
E seguimos a crecer, neste IES Sánchez Cantón, todo é ao grande : Case mil alumnos e alumnas matriculados no centro, aproximadamente, e 234 alumnos e alumnas que participarán nos distintos grupos lectores este curso (aproximadamente un 25% do alumnado).
- Temáticamente:
- Narrativa en galego. (14)
- Lingua inglesa (2)
- Lingua francesa (2)
- Lingua española(1)
- Cursos:
-1º de ESO (2)
-2º ESO (2)
-3º ESO (4)
-4º ESO (6)
-1º bacharelato (1)
-2º bacharelato (4)
- 3 grupos lectores de adultos (2 de pais e un de profesores e persoal non docente).
- 11 profesores mediadores de lectura pertencentes a departamentos moi variados:
Lingua galega (2)
Lingua española (1)
Lingua inglesa (2)
Lingua francesa (1)
Linguas clásicas (1)
Relixión (1)
Tecnoloxía/TIC (1)
Sociais (2)
E asegúrovos que a coordinadora tivo que facer "encaixe de bolillos" para axustar grupos, cambios, amizades, selección de lecturas, petición de préstamo interbibliotecario a outras bibliotecas escolares ( vaia o noso agradecemento ás bibliotecas do IES Pino Manso de Porriño, do IES San Paio de Tui e do IES A Xunqueira II de Pontevedra, e ás e aos seus colaboradores e pacientes organizadores,e á incondicional coordinadora dos clubs do IES Joham Carballeira de Bueu, para as amigas que transportaron as lecturas, grazas mil para el e elas).
Pero por fin, despois do papelame do proxecto para participar no programa de axudas aos clubs de lectura
Convocatoria de Clubs de lectura en centros públicos de ensino secundario e outros. Curso 2018/2019)
Iniciativa que se encadra nas actuación para o fomento da lectura contempladas no Plan LÍA de bibliotecas escolares 2016-2020 (Lectura, Información, Aprendizaxe).
esta semana comezamos cos CLUBS.
Convocatoria de Clubs de lectura en centros públicos de ensino secundario e outros. Curso 2018/2019)
Iniciativa que se encadra nas actuación para o fomento da lectura contempladas no Plan LÍA de bibliotecas escolares 2016-2020 (Lectura, Información, Aprendizaxe).
esta semana comezamos cos CLUBS.
mércores, 23 de maio de 2018
domingo, 22 de abril de 2018
"Tendencias" Carlos Negro en 3 segundos.
O pasado xoves recibimos no noso insti ao poeta recentemente nomeado "Premio dos clubs clubs de lectura 2018"
e a pesar dos inconvenientes da folga de estudiantes puidemos desfrutar do seu obradoiro de poesía. E así foi coma o presentamos aos nosos compañeiros:
" CARLOS NEGRO é poeta, mestre e "muller de conto":
- CARLOS escolleu os versos para falar cos adolescentes, para transmitirlles a emoción, contaxialos coa beleza da palabra e facelos mirar cara a dentro, Carlos é POETA... coma Frederiko.
- CARLOS sente coa súa rapazada, comunica, xoga coas palabras para namorala da literatura galega; docemente, co sabor do chocolate entrégalles haikus, achégaos á fermosura e á sabedoría. Carlos é MESTRE.
- CARLOS é unha muller "penúltimas tendencias" que se busca a si mesma e que nos mira en "masculino singular". É el pero é ela, o home-muller do futuro. Carlos é unha MULLER DE CONTO.
IN XOCHILT, IN CUICAT
(FLOR E CANTO)
GRAZAS MIL, CARLOS NEGRO.
sábado, 21 de abril de 2018
I ENCONTRO DE CLUBS DE LECTURA. O SALÓN DO LIBRO.

( alumnado dos nosos clubs de 1º e 2º de ESO)
Hai anos xa que a comunidade educativa de secundaria viñamos solicitándolle aos organizadores do Salón do libro, que xestionaran actividades arredor do salón, máis axustadas á súa idade; a organización deste ano "Mulleres de conto" agasallounos con este encontro de rapazada de clubs de lectura procedente de diferentes puntos de Galicia (Porto do Son, Neda, Catoira, Pontevedra, Bueu e Vilagarcía) no que tivemos o pracer de participar.
Comezamos a mañá con bicos, abrazos e benvidas, como debe ser, e Marta e Eric, Canela Cafuné, foron os nosos anfitrións para poñer calornos primeiros momentos co seu espectáculo "Non son fada nen princesa", reflexións, música e unha canción xa case convertida en himno.
Continuamos cunha gymkana literaria, 30 minutos compartidos nun obradoiro cun elenco de luxo: María Reimóndez (a muller e o deporte), Ledicia Costas ( a nosa querida Escarlatina), Fran Alonso ( cos seus "Street Poems"), Tamara Andrés (versos desde Antiochia) e Anxo Fariña (a ilustración dos Megatoxos); misturados rapaces e rapazas de todos os clubs por números e cores, os seus rostros emocionados falaban por si sós. Encantados falaban logo das súas experiencias e obradoiros e valoraban a súa aprendizaxe e intercambiaban opinións.
E as profes coordinadoras aproveitamos para ver, observar os obradoiros e aprender, para compartir experiencias e datos do noso labor entre nós e daquí saíron: intercambio de materiais, unha proposta de encontro entre clubs, marcapáxinas, recomendacións lectoras e tamén reflexións sobre a oferta editorial en LIX en galego, carencias e desexos.
Un xantar de confraternización, firma de libros e unha visita ao Salón, fixeron que as nosas perspectivas para o desfrute e aprendizaxe da actividade foran superadas.
Queremos agradecer á Eva Mejuto e o seu equipo, o seu labor e o seu compromiso coa lectura e cos adolescentes, á Concellalía de Pontevedra polo gran esforzo que se fai co Salón do Libro e... a todos e todas os participantes parabéns pola lectura que nos une.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)







