xoves, 30 de maio de 2019
Ímonos de roteiro literario con Eva Mejuto: " Memoria do silencio"
Pois por fin chegou o día: mañá os clubs de lectura de 4º e 3º de ESO ímonos de roteiro literario a Ribadavia con Eva Mejuto, arredor da súa novela Memoria do silencio.
Achegarémonos á historia das irmás Touza, coñeceremos datos sobre á súa participación na cadea para salvar aos xudeus da persecución nazi, mais tamén nos achegaremos á historia, arte e cultura da vila do Ribeiro... e á súa gastronomía xudía (sorpresa, sorpresa...)
Todo un pracer vai ser percorrer Ribadavia con Eva Mejuto, compartir as súas pesquisas, nas que se baseou para escribir a novela, falar dos personaxes e dalgún xeito render xuntos e xuntas unha sentida homenaxe ás protagonistas da historia. Lola, Günter e Frida de seguro acompañarán os nosos pasos no roteiro.
Os versos de Celso Emilio, de Rosalía e cantares populares servirán para introducirnos na apaixonante cultura literaria de O Ribeiro.
Haberá tempo para lecer, para mercar melindres e descansar da calor cun xantar "picnic" na área de A Veronza.
Un fermoso broche de ouro para as nosas lecturas deste curso 18/19. Desfrutade da visita.
xoves, 2 de maio de 2019
Lecturas para rematar o curso lector. 2ºbacharelato: "Tu contas e eu conto" Susana Sánchez Aríns.
2º Bacharelato, despídese dos clubs (despois de tres cursos de fidelidade total) e do centro.
O libro “TU CONTAS E EU CONTO” de Susana Sanches Arins, foi una novidade para min, xa que nunca me atrevera a leer un libro escrito en reintegrado.
Felices camiños lectores para todxs:
Tu contas e eu conto, obra de Susana Sanchez Arins, foi un tanto interesante e sorprendente tanto polo seu idioma como pola sua estructura e temas a tratar. A primeira historia foi referencia a un parto, no cal a protagonista do mesmo, Marta, era axudada por unha enfermeira na ausencia do seu marido, Marcos. esta a sua vez falava con empregados da que probablemente sería a suavizar empresa posto que era coñecida como "bossy". neste capítulo, tamén queda de manifesto a escaseza de elementos médicos na época na que se desenvolve a historia, ou polo menos, nese concreto hospital, posto que a epidural, que lle fora asinada nun primeiro momento, era demandada na zona de urxencias do hospital. finalmente chega o seu marido. este foi o meu relato favorito, posto que trata con moita naturalidade. e con certo ton propio unha película, un tema que na mayoría dos casos pode ser como tabú, ou que produce certa vergoña falar do mesmo.
falaba*
En canto ao referente á estructura chamoume a atención a disposición dos relatos, posto que estes estaban separados por un poema nop que ao meu entender, facía referencia a algún aspecto importante tratado anteriormente no relato. por exemplo o do Tito Alba e o posterior poema no que explica ao que se refire con rara, que tamén da nome ao poema. e respecto ao idioma, taño que decir que anda que en trazos xerais non era mol doado comprender os grandes rasgos da obra, a nivel particular desde o meu punto de vista si que me presentou algún que outro problema para coñecer o significado de determinados vocablos, o que tamén me impediu comprender correctamente o último capitulo propósito para ler. Aínda así, considero que ler noutro idioma que non é o oficial no noso territorio, ou que ao menos, estamos acostumados a falar, é unha experiência moi enriquecedora que pode abrir a nosa mente a novos puntos de vista, así como aumentar o noso vocabulario noutros idiomas. Recoméndoo sen ningunha. dúbida.
Nerea Arosa, 2º Bach E
O libro “TU CONTAS E EU CONTO” de Susana Sanches Arins, foi una novidade para min, xa que nunca me atrevera a leer un libro escrito en reintegrado.
Pareceme un
libro innovador en moitos sentidos, destacamos por exemplo que
trátase dunha obra que contén 17 relatos e 17 poemas e que ao
rematar cada relatato aparece un poema.
Ao comezar
o primer relato tiven medo de non entender nada, o primeiro “o
parto”, pareceume sinxelo de leer e entender pero ao cambiar ao
seguinte , xa me perdin un pouco, así como o terceiro , ambos tiven
que releelos dúas veces.
Ata aquí
pode decir do pouco que puiden
leer, pero espero seguir con este libro e gustaríame enterarme que
pasou con Marcos e con Marta.
PAULA
SARRAPIO FARIÑA, 2º E BACH
Felices camiños lectores para todxs:
luns, 8 de abril de 2019
Encontro literario coa escritora Marilar Aleixandre: " A filla do Minotauro"

O club de lectura mixto de 4º de ESO e 1º de bacharelato (linguas clásicas), realizamos un encontro coa nosa querida escritora e académica Marilar Aleixandre para completar a nosa lectura da súa obra: "A filla do Minotauro" gañadora do premio Raíña Lupa.
or suposto que a conversa xirou arredor da visión da mitoloxía que a autora nos dá no libro, do valor das linguas clásicas e da urxencia de rematar co contrabando das obras de arte.
Marilar respondeu ás nosas preguntas con amabilidade e puidemos decatarnos da gran sabedoría que transmite a escritora coas súas palabras, da riqueza da linguaxe que utiliza e do importante valor das súas ensinanzas.
Un encontro de gran forza e moita aprendizaxe que serviu para profundizar na nosa lectura da obra e gozar dunha das escritoras clásicas en lingua galega. Un marabilloso pracer.
xoves, 4 de abril de 2019
Visitounos Marina Colasanti. "O labirinto do vento"
A nosa rapazada dos clubs de lectura de 2º de ESO e de 1º de ESO (grupos 1 e 2) recibiu con moita ilusión e agarimo a escritora brasileira Marina Colasanti para conversar con ela sobre contos de fadas e princesas, sobre unicornios e reis, sobre tecelás ( el confesou gostar muito de tecer!), xogos e espellos que poboan o fermolo libro que tiñan lido da autora: O labirinto do vento.
Os compoñentes dos clubs esperaban con moita espectación a Marina Colasanti xa que o libro e a interpretación dos contos foran moi debatidos nos encontros lectores e de certo que ficaron marabillados coa gran personalidade da autora, coas súas fermosas palabras, coa historia do pombo que lles narrou ( un agasallo dos deuses), e coa sonoridade do seu brasileiro (descubrindo encantados que podían entendela sen problemas).
Ben certo é tamén que a autora ficou tamén encantada coas crianças, de como tiñan preparada a súa visita e das preguntas que lle fixeron. Unha xornada moi emotiva para o alumnado clubeiro e tamén para as coordinadoras clubeiras que os acompañamos neste encontro. Todos e todas namoramos de Marina Colasanti.
Marina Colasanti é
unha das escritoras e contadoras de contos de máis sona internacional,
mundialmente premiada e agasallada polas súas obras e de certo que foi un luxo
para nós desfrutar da súa compañía na biblioteca do Sánchez Cantón.
Os compoñentes dos
clubs esperaban con moita espectación a Marina Colasanti xa que o libro e a
interpretación dos contos foran moi debatidos nos encontros lectores e finalmente
ficaron marabillados coa gran personalidade da autora, coas súas fermosas
palabras, coa historia do pombo que lles narrou (un agasallo dos deuses), e coa
sonoridade do seu brasileiro (descubrindo encantados que podían entendela sen
problemas).
Sobre os contos de O labirinto do vento a
autora dixo:
“ Eu non quixen vincular unha única mensaxe en
cada conto, iso é muito pobre; cada conto ten muitas mensaxes: ten as mensaxes
que o lector escoller para si; esa é a riqueza dos contos de fadas que sendo
metafóricos, eles xogan co inconsciente do lector e o lector tira dalí o que
lle convén, o que el prefere, aquilo que el precisa. O autor é cómplice do
autor neses contos.”
Ben certo é que a
autora ficou tamén encantada coas “crianças” asistentes ao encontro, de como
tiñan preparada a súa visita e das preguntas que lle fixeron.
Unha xornada moi
emotiva pois para o alumnado clubeiro e tamén para as coordinadoras clubeiras
que os acompañamos neste encontro.
Todos e todas os
presentes namoramos de Marina Colasanti.
(Vídeo de Salomé Díaz e fotos de Eva Mejuto)
Encontro lector con Antonio Manuel Fraga "O bestiario científico de Anxos Nogueirosa"
O pasado luns, o club de lectura de 4º de ESO A participou nun encontro lector con Antonio M. Fraga no Salón do Libro.
Compartir as súas impresións sobre a lectura, preguntar ao autor as dúbidas, escoitar na voz do escritor explicacións sobre o contexto histórico da novela, ver as fotos dos lugares nos que se desenvolve a trama... foi unha experiencia agradable e moi enriquecedora para a rapazada.
Puideron pois inquirir sobre o como e os porqués da creación literaria, o proceso de documentación para escribir a novela, descubrir a imaxinación desbordante do autor á hora de crear cada un dos seres que conforman o bestiario... foi un gran pracer e tod@s volvemos moi contentos ao centro.
Aínda que non estivo connosco tamén houbo espazo para falar do ilustrador, Víctor Rivas, e das súas marabillosas imaxes, portada e bestiario.Ademais fomos agasallad@s cunhas fermosas postais cunha das imaxes do ilustrador do libro grazas a Andrea.
Encontro lector con Eli Ríos "DX"
O club de lectura de 4º C puido compartir as súas impresións sobre a lectura de "DX" coa autora da novela Eli Ríos.
Todo un gustazo encontrarnos con Eli no Salón do Libro, falar de lecturas, de diversidade sexual e de diversidade de xénero.
A partir de DX puidemos debater e reflexionar coa autora sobre moitos temas de actualidade como o respecto pola identidade (sexual ou de xénero) de cada persoa, sobre os perigosos avances da tecnoloxía sen control, do rápido que vai o mundo e do pouco que pensamos sobre o noso futuro.
Un caloroso encontro que nos deixou un doce sabor de boca para seguir afondando e lendo a obra de Eli Ríos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


























