Uns lectores e unhas lecturas, moi viaxeiros:
Pois temos xa, en marcha as lecturas para o terceiro trimestre: Basicamente o que faremos é intercambiar, ente os distintos grupos, lecturas e introducir algunhas novas xa que o presuposto vaise acabandoooo.
Este trimestre seremos un club moi internacional pois coas lecturas viaxaremos por Brasil, Grecia, México, Galicia, Etiopía... que máis se pode pedir para despedir o curso.
- Invisibles de Montse Fajardo. (sobre o tema do maltrato) . No grupo A-B-E
- A praia dos afogados de Domingo Villar. (novela policíaca e de suspense). No grupo D.
- A dúbida de María Reimóndez. ( sobre o tema dos abusos a menores). No grupo C
No club do CGTD lerán: Xa non estou aquí de Iria Misa (novela sobre os problemas dos adolescentes) e 22 segundos de Eva Mejuto.
Nos clubs de 1º de ESO,:
- Corredora de María Reimóndez e as dificultades da muller para sobrevivir en Etiopía.
- Xulio Verne e a vida das mulleres planta de Ledicia Costas ( unha fermosa historia de fantasía na que un dos personaxes é o famoso escritor Jules Verne).
Nos clubs de 2º de ESO leremos:
- A miña planta de laranxa lima de Jose Mauro de Vasconcelos que nos levará ata o Brasil.
- Mi abuelo Moctezuma de María García Esperón que nos transportará a México.
No club de 4º de ESO lerán:
- 22 segundos de Eva Mejuto ( Cando naces nun corpo no que te sintes estraño...)
Nos clubs de 1º de bacharelato leremos:
- O Kilix dos deuses de Nicanor Alonso Álvarez unha historia detectivesca na Grecia que nos arrastrará ao mundo clásico e ás matemáticas.
- A arte de trobar de Santiago Lopo. Do sur de Francia, desde terras provenzais e aquitanas ata a nosa Galicia polo camiño francés de Santiago.
E máis lecturas as dos clubs de inglés, francés e español que seguirán profundando na obra do escritor Jules Verne.
No club de adultos estamos lendo:
- O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro que nos leva pola Arousa.
O MES DO LIBRO NOS CLUBS DE LECTURA:
E como actividades complementarias, o mes de abril será de ALTO NIVEL:
Visitaranos Carlos Negro ( cantas ganiñas de recibilo e gozar da súa poesía), María García Esperón desde México nos trae a Moctezuma ( de seguro que falaremos con ela sobre colonización e diversidade lingüística) , os clubs de 1º e 2º de ESO teremos un encontro no Salón do libro con Ledicia Costas, Tamara Andrés, Fran Alonso... ( un elenco de alto nivel), o club de 4ª asistirá a unha actividade de cine fórum con Fina Casalderrey sobre "Querido Tomás" de Xosé Neira Vilas... De certo que con este programa celebraremos o mes do libro por todo o altoooooo.
E tamén poderemos reencontrarnos cos nosos clubs de lectura preferidos: do CEIP Progreso, do Fernando Esquío, do Joham Carballeira e do IES Castrove... unindo mundos lectores de Catoira, de Bueu, de Neda e de Vilagarcía... que ben que o imos pasar.
E tamén poderemos reencontrarnos cos nosos clubs de lectura preferidos: do CEIP Progreso, do Fernando Esquío, do Joham Carballeira e do IES Castrove... unindo mundos lectores de Catoira, de Bueu, de Neda e de Vilagarcía... que ben que o imos pasar.
E os profes COORDINADORES asistiremos ás Xornadas de lectura: "A lectura é unha arma para o futuro" e ao " I Congreso de Mediación lectora" no marco do salón do libro, que nós tamén temos dereito a formarnos... na LECTURA.
http://www.salondolibro.gal/
Bon appétit para todos e todas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario