Esta mañá a rapazada de 1º de ESO pedíronme un comic para ler nas vacacións e cal foi a súa sorpresa que xa lles tiña preparado unha viaxe por Galicia grazas a Cuarto de Inverno coa lectura de XIRAREI de PABLO CARREIRO.
Comezamos abrindo boca á lectura xogando a identificar a todos os personaxes que aparecen na portada e nas gardas do libro e só puideron identificar a Castelao, a Rosalía, ao peliqueiro e á serea, do resto non coñecían a ningún deles polo que xa tiñan ganas de ler para coñecer as súas historias.
Logo de saborear título e portada fixemos unhas xogantinas fotos para presentar o libro que podedes ver aquí:
Ningún comentario:
Publicar un comentario