xoves, 20 de decembro de 2018
Visitounos Xosé Monteagudo para falar de "Todo canto fomos".
O pasado 17 de decembro, o alumnado dos clubs de 2º de bacharelato recibimos ilusionados a visita do escritor Xosé Monteagudo para falar da súa novela "Todo canto fomos"; coa amabilidade que lle é habitual e con moita paciencia o escritor foi respondendo a todas as nosa preguntas sobre a trama da novela, os personaxes, a ambientación e sobre o proceso da escrita.
Preguntas sobre a dificultade que conleva escribir sobre feitos reais e mesmo introducir personaxes históricos na trama da obra servíronnos para valorar o importante proceso de documentación que o autor debe facer antes de escribir e o respecto con que se deben tratar a estes personaxes.
Moi emotivo foi cando presentamos a Xosé Monteagudo a Aarón Fontán, o noso compañeiro escritor ( https://saladelecturasc.blogspot.com/2018/11/testigos-de-la-verdad-de-aaron-fontan.html ) , e con canta delicadeza lle recomendou escribir e escribir como mellor consello para ser escritor.
Seica cada vez que nos visita Xosé Monteagudo trae da man a Carlota ( a nosa personaxe preferida) e aos demais personaxes de Todo canto fomos que non nos cansamos de escoitalo.
Moitas Grazas Xosé Monteagudo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario