E intentamos TRANSformar o noso pequeno recuncho do mundo en 22 segundos coa calor e o agarimo de Eva Mejuto e as voces e a música de Canela Cafuné; e foi en 1º persoa pois en primeira persoa está escrita a novela da escritora.
Esperabamos con ilusión esta visita tras a lectura da obra primeira de Eva e non nos decepcionou, coa lectura de fragmentos do libro, as cancións de Marta e Eric, as reflexións, as miradas adolescentes (inquisitivas e concentradas), o encontro desta mañá na biblioteca foi unha gozada, unha apertura á diversidade e ao respecto mentras que coas cancións e as palabras alonxabamos de nós os prexuízos.
E berramos con Eric que queremos ser nós mesmos en liberdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario