martes, 4 de febreiro de 2025

Consultamos ao veterinario: Existe a Gaturreise? (O día que choveron gatos)

 


O martes pasado recibimos na biblio ao veterinario Daniel Rodríguez que nos visitou para falarnos do coidado e responsabilidade de coidar ás nosas mascotas.

A idea xurdiunos a partir da lectura da novela de Eva Mejuto O día que choveron gatos onde se fala dunha enfermidade " a Gaturreise: Vírica crónica" que supostamente provoca unha pandemia en Pontedavila e que transmiten os gatos e que mellor maneira que consultar cun experto en animais.


Foi un pracer o faladoiro de Daniel R. xa que nos transmitiu dun xeito ameno e moi divulgatigo cales son os principais coidados que lles debemos proporcionar ás nosas mascotas, respondeu a todas as nosas preguntas, que foron moitas, e aclarounos que non existía a "Gaturreise" que era un invento do PAIfoco ( o personaxe da novela de Eva Mejuto) coa finalidade de desfacerse dos gatiños de Pontedavila.





venres, 31 de xaneiro de 2025

Roteiro urbano: "O día que choveron gatos" de Eva Mejuto.

 


Hoxe a rapazada dos clubs de lectura de 1º de ESO realizou pola nosa vila, Pontevedra-Pontevila, un roteiro acompañados por Eva Mejuto, autora da novela, previamente lida" O día que choveron gatos".

Aínda que durante a lectura xa foramos relacionando os espazos de ficción cos da realidade da nosa vila, foi todo un agasallo por parte da escritora poder percorrela escoitando as súas explicacións e comentarios.



Falounos de como se orixinou na súa cabeciña creadora esta divertida e interesante historia na que os gatos e a rapazada levan protagonismo, falamos da pandemia, de Benito Soto e moito, moito de gatos.


Foi todo un pracer e tamén unha aprendizaxe gratificante realizar este paseo literario por Pontevedra escoitando as historias que nos relatou amablemente Eva Mejuto.





martes, 21 de xaneiro de 2025

Contextualizando "PÚRPURA TERO" de David Cortizo.

 Hoxe comezamos unha viaxe intergaláctica ao planeta Púrpura Tero no club de lectura de 1º de ESO E, e coma neste planeta non hai case acuíferos nen mar decidimos acompañarnos dun robots (que previamente debemos montar grazas a Lego) para buscar auga e atopar o gochiño onde se esconden as xeralaxias pois imos necesitando unha fonte de enerxía especial este trimestre.


Tamén usamos un mapa da nosa galaxia para ubicarnos e imaxinar onde se atopa este planeta xa que desexamos coñecer a Ausela e a súa cuadrilla. 


Xa vos iremos contando como nos vai nesta viaxe pola novela de David Cortizo, pero agora temos as nosas cápsulas lanzadeira a esperar por nós para iniciar este percorrido, despegamossssssss...... 




venres, 29 de novembro de 2024

Os clubs de lectura en Culturgal.

 


Como xa vén sendo habitual, os clubs de lectura visitamos a Feira Culturgal que este ano modificou moito as mostras que se nos ofrecían xa que ademais de editoriais e actividades relacionadas cos libros puidemos ver estands de música, cine, televisión, maxia, xoguetes e animación en galego etc.


A visita ao estand da editorial Cuarto de Inverno onde a súa editora Andrea Jamargo nos relatou a aparición da editorial e explicou como funciona e en que consiste o seu traballo resultou moi interesante; Tamén foi moi atractivo a pequena demostración de maxia á que asistimos e como non tamén grabaron a algunha das nosas lectoras na Televisión de Galicia.