luns, 30 de outubro de 2023

Contacontos de medo no CEIP Campolongo


 Esta mañá o alumnado do club de lectura de 1º de ESO e o alumnado de 1º ESO B participamos na innauguración da biblioteca do IES Campolongo (centro adscrito ao noso IES) cunha sesión de contacontos de medo realizada pola nosa rapazada e dirixida ao alumnado de 4º de primaria.

Unha pequena versión de Un ollo de vidro de Castelao e unha lenda xaponesa sobre os Gunnis constituíron a parte central da nosa posta en escea ademais de pequenos relatos e microrrelatos que foron o deleite dun marabilloso público nun espazo terrorífico maxistralmente ambientado.


Tralos nervios iniciais, o noso alumnado non decepcionou ao auditorio e eles e elas mesmos desfrutaron de poder compartir historias cos moziños e moziñas de 4º na súa antiga escola. Apertas e abrazos, sorrisos e emotivos saúdos ao seu anterior profesorado completaron a sesión.


Grazas ao cole de Campolongo por convidarnos.



Club de lectura de familias

 A semana pasada comezamos os encontros co club de lectura de familias; un total de 17 nais e 2 pais acompañáronnos, aos mediadores (Anxos Rial e David Rodríguez) e ao noso xefe de estudos-lector na primeira reunión na que acordamos a organización do grupo lector, concretamos as lecturas e horarios.

Neste primeiro trimestre leremos  Nuestra Natacha de Alejandro Casona e El complot de las flores de Andrea Ferrari en castelán e en galego leremos O corazón de Xúpiter e Unha estrela no vento de Ledicia Costas, os libros de lectura dos seus fillos e fillas.

Os próximos encontros serán o 14 de Novembro para os pais de 1º e 2º de ESO e o 21 do mesmo mes para os de 3º e 4º de ESO ás 6,30 do serán.




domingo, 22 de outubro de 2023

Que luz estarias a ler? Joao Mésseder e Ana Biscaia.

 En xullo e agosto de 2014, case cincocentas crianzas palestinas morreron polas bombas do exército israelita, na faixa de Gaza. Só 9 anos máis tarde asistimos de novo a unha guerra cruenta da que a rapazada é vítima; nesta plaqueta que imos ler en todos os clubes estes días Kalil, " que gostava dos livros" queda sen escola... 



"Este livro vai daqui a Gaza em nome da literatura (e não só) Há uma escola transformada em escombros, manchas de sangue infiltradas e aquele silêncio depois das bombas. Há um menino levado em braços e uma menina mergulhada em lágrimas que salva livros entre os destroços."

 "Tudo isto é ficção na história de Ana Biscaia e João Pedro Mésseder, mas foi realidade na faixa de Gaza, onde, entre Julho e Agosto de 2014, “quase cinco centenas de crianças palestinas foram mortas pelas bombas do exército israelita”. " https://www.publico.pt/2015/01/18/p3/noticia/este-livro-vai-daqui-a-gaza-em-nome-da-literatura-e-nao-so-1822392

Unha plaqueta "In memoriam" que tristemente volve estar de actualidade.



sábado, 14 de outubro de 2023

Club 2º ESO: "O bestiario científico de Anxos Nogueirosa"

 O club de 2º ESO é un club de grandes viaxes e grandes lecturas polo que este trimestre van ler " O bestiario científico de Anxos Nogueirosa" de Antonio M. Fraga, todo un reto lector para unha rapazada moi especial.