Salón do Libro convidounos a presentar o noso proxecto de Clubs de Lectura na Xornada de Mediación Lectora onde compartimos mesa con outros ineresantes proxectos lectores coma Espazo Lectura, A Sega de crítica literaria e a Libraría Seijas:
sábado, 7 de marzo de 2026
Presentando os clubs de lectura do Sánchez Cantón na Xornada de Mediación Lectora do Salón do Libro.
mércores, 14 de xaneiro de 2026
"Unha historia de amor como outro calquera" de Rosa Aneiros nos clubs de lectura de 1º Bach. B e 1º de Bach. C
Pois xa estamos repartindo os exemplares de lectura da novela xuvenil da nosa querida Rosa Aneiros nos clubs de lectura de 1º de bacharelato, B e C Un amor coma outro calquera, ganñadora do Premio Raíña Lupa 2024. Para ir abrindo boca xa lles deixamos un pequeno adianto sobre elementos narrativos da obra:
E na nosa reunión de hoxe xa fixemos as primeiras imaxes:
domingo, 30 de novembro de 2025
Os coordinadores do club de lectura na "Festa dos clubs de lectura" de Culturgal
O pasado sábado os mediadores do club de lectura Alexandre Fernández e Anxos Rial, asistimos convidados pola organización á Festa dos clubs de lectura de Culturgal.
Foi un día intenso xa que a partir das 12 da mañá e ata as 19 horas participamos nas varias actividades organizadas, as máis delas encontros con autores e presentación de libros aínda que tamén houbo espazo para as lecturas dramatizadas nas que tivemos que adiviñar os títulos dos libros lidos.
Previamente tiñamos lidas as obras que se presentaban coma Reconversión de Santiago Cortegoso, Sarela de Marga Tojo ou Run, run de Ana Varela.
No encontro participaron membros doutros clubs de lectura coma A lonxa vella de Moaña, Espazo Lectura de Gondomar ou as Bibliotecas de A Coruña polo que resultou unha xornada moi enriquecedora xa que puidemos facer preguntas, intercambiar impresións e desfrutar da nosa literatura máis novidosa.
Temos que agradecer á Anna Figueiredo da organización que nos convidase un ano máis.
Visita a Culturgal dos clubs de 2º de ESO e 1º de Bacharelato
O venres puidemos realizar a nosa, xa habitual, visita a Culturgal; grazas á organización que puxo ao noso dispor unha guía, Silvia, amable e encantadora, realizamos un paseo moi detallado por distintos postos da feira: O espazo ARTE que os impactou coas súas obras, o estand da música tradicional onde o alumnado puido probar distintos instrumentos coma castañolas ou pandeiretas, o da Diputación da Coruña onde os agasallaron cunha libretas, o de xogos tradicionais galegos, o dos videoxogos (que lles encantou), o de Pablo Méndez performances e máis como se pode aprezar nas imaxes.
Con respecto aos libros e á lectura visitamos o estand de Edicións Alvarellos onde lles amosaron unha fermosas reproduccións das edicións orixinais das obras de Valle Inclán e dos 8 poemas galegos de García Lorca; o reponsable da Editorial explicoulles como se realizaran as partes das que constaban os libros (camisa, lombo, gardas, portada...) que resultou moi interesante.
Logo visitamos a editorial Cuarto de Inverno onde a editora Andrea Jamargo explicoulles como se creou e como funciona unha pequena editorial e alí puideron recoñecer algúnhas das súas lecturas que realizaran nos clubs. Visitamos tamén a Librería Paz onde coñeceron á escritora Cynthia Méndez e á súa primeira novela Son como glaciares os barcos de aceiro.
Tras un paseo libre pola feira durante o que curiosearon sós, regresamos ao instituto cargados de bolsas e agasallos. Volveremossssss!!!!
venres, 21 de novembro de 2025
O club de lectura das familias: Encontro lector con Montse Fajardo "A vida incerta"
O encontro lector desenvolveuse nun ambiente ideal (a libraría Nobel) e a escritora, xornalista e politóloga Montse Fajardo contestou a todas as nosas preguntas e máis, deunos unha gran lección de galeguismo, de visibilización e recoñecemento das mulleres represaliadas entre elas a protagonista da obra, Virxinia Pereira.
martes, 11 de novembro de 2025
Os clubs de lectura no cine: Castelao en Antes de Nós
O alumnado dos clubs de lectura de 1°BACH asistiu á proxección da película ANTES DE NÓS, que recrea un episodio da vida de Castelao. Logo da proxección , o alumnado participou nun coloquio co actor protagonista, Xoán Fórneas, e a directora de produción, Lucía Caramelo, realizaron moitas e interesantes preguntas xa que o club de Literatura do século XX lera previamente "Cousas". Eles, comentáronlle á rapazada, entre outras cousas, o minucioso traballo realizado para recrear a variedade lingüística do noso escritor rianxeiro con total fidelidade.
venres, 7 de novembro de 2025
Os clubs de lectura no Roteiro Castelao
O alumnado do club de lectura de 1º de bacharelato , literatura do séulo XX, participamos nun roteiro pola nosa cidade de Pontevedra que tiña coma eixe central a figura de Castelao, coma homenace no seu ano. Alí coincidimos con alumnado doutros institutos de Pontevedra e en cada lugar emblemático da súa vida e obra ( Museo de Pontevedra, Café Moderno, a casa da Oliva...) realizamos lecturas de toda a súa obra literaria e ensaística.
Un bo xeito de nos achegar máis á figura do artista, intelectual e político máis insigne da nosa historia.



.jpg)




.jpeg)

.jpg)
.jpg)






