venres, 18 de outubro de 2024
Xa estamos en marcha: Clubs de Bacharelato e de 1º de ESO
Club de 1º de ESO E: A balada dos Unicornios de Ledicia Costas.
Club de 2º e 1º de Bacharelato: Onde as pedras teñen alma e A coidadora de outonos, ambas de Fina Casalderrey.
Club de 2º ESO: Dragal de Elena Gallego Abad
venres, 4 de outubro de 2024
Os clubs de lectura asisten ao recital poético "Con barqueiro e remador"
A apertura das actividades no noso club de lectura non puido resultar mellor pola calidade da actividade (un recital poético plurilingüe internacional) e pola boa acollida que tivo entre o alumnado participante (os club de lectura de literatura galega do século XX e de actualidade e o de 1º de bacharelato E e D).
Esta actividade foi conducida pola poeta Yolanda Castaño e nela que recitaron os seus poemas: Radu Vancu (Romanía), Petar MatoviĆ (Serbia), Nadia Midsuf (Malta), Andrea Cote (Colombia) Martí Sales (Cataluña) , actuando como poeta e tradutor Jesús Castro Yáñez (Galicia).
Este recital enmarcado dentro do programa "Con barqueiro e remador. XIII Obradoiro de Tradución Poética" dirixido por Yolanda Castaño era a primeira vez que se dirixia a escolares de clubs de lectura e estes souberon estar a altura dos mellores afeccionados á poesía e foron recompensados polos poetas coa súa amabilidade e con estas fermosas imaxes.
Podedes ver máis fotografías no seguinte enlace da nosa páxina web:
martes, 1 de outubro de 2024
martes, 25 de xuño de 2024
xoves, 20 de xuño de 2024
Encontro literario coa autora Eva Mejuto do club de familias arredor de 22 segundos.
Nesta ocasión a lectura reuniu ás mamás e aos fillos ( club de 2º de ESO) nun encontro lector coa escritora Eva Mejuto e que serviu de colofón a este curso lector 23/24.
22 segundos foi a novela que favoreceu este punto de encontro familiar, o tema do tratamento da diversidade de xénero, da transexualidade e o seu tratamento entre os adolescentes nos centros de ensino foi a porta que nos abriu a autora para debullar nos capítulos da súa novela. A partir da obra tamén as mamás aportaron o seu gran de area falándonos da súa experiencia profesional a respecto do tema, en concreto na sanidade e nos xulgados de menores.
Agradecemos a Eva Mejuto que nos fixera un oco na súa apertada axenda e fora tan receptiva coas nosas preguntas e comentarios. E ata aquí esta experiencia de lectura adultos/adolescentes que pon fin ao noso curso lector.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








