Clicade no seguinte enlace para acceder á información:
https://saladelecturasc.blogspot.com/2019/01/o-bestiario-cientifico-de-anxos.html
Antonio M. Fraga preséntanos o espazo e a historia:
Clicade no seguinte enlace para acceder á información:
https://saladelecturasc.blogspot.com/2019/01/o-bestiario-cientifico-de-anxos.html
Antonio M. Fraga preséntanos o espazo e a historia:
GRUPO 1º e 4º DE ESO
Velloucas e minchas de Lorena Conde:
https://saladelecturasc.blogspot.com/2020/11/p-margin-bottom-0.html
GRUPO DE 2º e 3º de ESO
Estas mans-libro son das nais da nosa rapazada que onte participaron na primeira sesión do Club de lectura de familias.
Analizamos "Unha estrela no vento" de Ledicia Costas e "Nuestra Natacha" de Alejandro Casona, falamos de pandillas e conflitos entre adolescentes, de inclusividade e do mundo que rodea aos seus fillos e saltamos (de libro en libro) a falar de muller e empoderamento nos tempos da 2ª República, da ILE e das Misións Pedagóxicas.
Tamén houbo un oco para a poesía e escolleron un fermoso poema de Rosalía e outro de Aurora Luque, poeta esta última que non coñeciamos:
O vindeiro martes teremos a reunión coas familias de 1º e 4º de ESO:
Unha pequena versión de Un ollo de vidro de Castelao e unha lenda xaponesa sobre os Gunnis constituíron a parte central da nosa posta en escea ademais de pequenos relatos e microrrelatos que foron o deleite dun marabilloso público nun espazo terrorífico maxistralmente ambientado.
Tralos nervios iniciais, o noso alumnado non decepcionou ao auditorio e eles e elas mesmos desfrutaron de poder compartir historias cos moziños e moziñas de 4º na súa antiga escola. Apertas e abrazos, sorrisos e emotivos saúdos ao seu anterior profesorado completaron a sesión.
Grazas ao cole de Campolongo por convidarnos.
A semana pasada comezamos os encontros co club de lectura de familias; un total de 17 nais e 2 pais acompañáronnos, aos mediadores (Anxos Rial e David Rodríguez) e ao noso xefe de estudos-lector na primeira reunión na que acordamos a organización do grupo lector, concretamos as lecturas e horarios.
Neste primeiro trimestre leremos Nuestra Natacha de Alejandro Casona e El complot de las flores de Andrea Ferrari en castelán e en galego leremos O corazón de Xúpiter e Unha estrela no vento de Ledicia Costas, os libros de lectura dos seus fillos e fillas.
Os próximos encontros serán o 14 de Novembro para os pais de 1º e 2º de ESO e o 21 do mesmo mes para os de 3º e 4º de ESO ás 6,30 do serán.