martes, 24 de marzo de 2026

Viaxamos á Antartida co biólogo Luís Sampedro e con "Unha historia de amor como outro calquera" de Rosa Aneiros.


 Tras a lectura da novela de Rosa Aneiros Un amor como outro calquera" nos clubs de lectura de 1º de bacharelato B e o club de C quedamos con ganas de ampliar os nosos coñecementos sobre a Antártida e as investigacións científicas que alí se realizan e nada mellor que un encontro co biólogo mariño Luís Sampedro, investigador do CSIC na Misión Biolóxica de Salcedo (Pontevedra) que participou dun proxecto de investigación no continente branco e que ben podería ser o alter ego da Olalla Caínzos da nosa lectura.


Comezamos a sesión coa lectura dun fragmento escollido da nosa novela por Laura e a seguir Cecilia fíxolle un resumo da obra ao investigador para xa logo cederlle a palabra. Ao londo dunha hora a súa exposición divulgativa engaiolonos, falounos do proxecto que alí desenvolveu, de como o presentou, da viaxe ata a Antártida, da súa xeografía, temperatura, condicións de vida, do efecto espello, da organización do xeo e a súa expansión... foi superinteresante ver as imaxes que nos amosou, ver un albatros coma o albatros ferido que viu Olalla Caínzos e poder realizar preguntas que Luís Sampedro contestou con rigor e amabilidade.

E como queremos máis, o noso biólogo, que por certo levou a novela de Rosa Aneiros para ler, prometeunos volver despois das vacacións para falarnos da descomposición das algas e os seus efectos que alí estudou e do seu proxecto actual.

Sentímonos moi agradecidos e agradecidas a Luís pola súa amabilidade que nos conquistou e xa preparamos o próximo encontro ( a ver que impresións nos transmite da lectura da novela).



luns, 16 de marzo de 2026

Participamos na Festa dos clubs de lectura do Salón do Libro.

 


Como xa vén sendo habitual participamos na Festa dos Clubs de Lectura do Salón do Libro de Pontevedra e este curso tocoulle asistir ao alumnado dos clubs de lectura de 1º de bacharelato xa que o artista invitado era MONDRA e tanto a súa profe coma eles e elas estaban desexando escoitalo e coñecelo.


Na festa participaron os clubs dos centros de ensino de Pontevedra e arredores que puideron facerlle unha chea de preguntas a Mondra e celebrar a lectura coa súa música. Logo do encontro puideron realizar unha visita ao Salón coam sempre moi fermosa e interesante. 

Ademais tiveron outro anfitrión moi, moi especial: ORBIL.



sábado, 7 de marzo de 2026

Presentando os clubs de lectura do Sánchez Cantón na Xornada de Mediación Lectora do Salón do Libro.

  Salón do Libro convidounos a presentar o noso proxecto de Clubs de Lectura na Xornada de Mediación Lectora onde compartimos mesa con outros ineresantes proxectos lectores coma Espazo Lectura, A Sega de crítica literaria e a Libraría Seijas: 



E esta foi a nosa presentación: