Aproveitando o bo tempo, a profe Nuria coordinadora dos clubs de 2º de ESO organizoulles un pic-nic moi apetecible ás súas mozas lectoras, mirade que ben locen:
mércores, 9 de abril de 2025
martes, 8 de abril de 2025
E Xirarei, Xirarei e Xirarei...de Pablo Carreiro
Esta mañá a rapazada de 1º de ESO pedíronme un comic para ler nas vacacións e cal foi a súa sorpresa que xa lles tiña preparado unha viaxe por Galicia grazas a Cuarto de Inverno coa lectura de XIRAREI de PABLO CARREIRO.
Logo de saborear título e portada fixemos unhas xogantinas fotos para presentar o libro que podedes ver aquí:
venres, 4 de abril de 2025
Asistimos ao fallo e entrega do Premio Lazarillo de creación literaria e álbum ilustrado
A Organización Española Para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) anunciou o mércores pasado, 2 de abril, os gañadores dos Premios Lazarillo 2024, no marco do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e coincidindo coa celebración do Día Internacional do Libro Infantil.
O Premio Lazarillo 2024 na modalidade de Creación Literaria foi outorgado a Cristina Alfonso Ibáñez pola obra titulada Quiero un dragón. O xurado valorou a orixinalidade da obra, que aborda cun toque humorístico e creativo a adopción responsable de animais. A novela destaca pola súa narrativa entretida e imaxinativa, que consegue atraer ao público máis novo.
Na modalidade de Álbum Ilustrado, os galardoados foron Nerea Pérez Gordo, ilustradora, e José Luis Mestre Sarrión (Pepe Mestre), escritor, pola súa obra conxunta Tres eran tres. A través da rima e do minimalismo, o álbum captura a esencia da diversión e a aventura en diálogos vibrantes e asombrosos.
O noso alumnado dos clubs de lectura de 1º de bach. desfrutou no Salón do Libro desta importante ceremonia de entrega de premios que por vez primeira saía de Madrid para vir a Pontevedra.
xoves, 3 de abril de 2025
Encontro lector con Lois Pérez arredor de "Cartas na escuridade"
O pasado mércores 2 de abril, o alumnado mantivo no Salón do Libro un encontro co escritor Lois Pérez, para falar arredor da súa novela Cartas na escuridade, gañadora do premio Mª Victoria Moreno de narrativa que previamente leramos e analizaramos nos nosos clubs de lectura de 1º bach.
Unha conversa amena e chea de contido, reflexións e historias acompañounos neste encontro lector a partir da novela lida . Falamos con Lois Pérez de literatura, do mundo e da vida cun importante fondo musical e recomendacións de obras e cancións.
mércores, 2 de abril de 2025
PÚRPURA TERO, encontro literario con DAVID CORTIZO máis alá da galaxia.
Realmente a maxia dos libros e do Salón do libro transpórtanos máis alá das estrelas e máis lonxe aínda cando o escritor e editor David Cortizo lévanos de viaxe por Púrpura Tero.
O alumnado dos clubs de lectura de 1º ESO B e E, reuníronse este martes 1 de abril co creador dos mundos fantáticos do planeta Púrpura Tero.
O encontro lector foi moi ameno e o autor respondeu as múltiples preguntas da rapazada sobre a novela, as motivacións e técnicas da escrita, escenarios, personaxes e tamén as influencias textuais e cinematogràficas que tivo.
Grazas ao Salón do Libro de Pontevedra, puidemos realizar este enriquecedor faladoiro e vaia o noso agradecemento ao Salón do Libro por proporcionarnos as fotos que ilustran esta recensión.
Encontro lector con Fina Casalderrey
Marabilloso o encontro lector do alumnado de 1º de ESO coa nosa querida escritora e académica Fina Casalderrey. A conversa xirou arredor da obra da escritora e concretouse na novela lida polo alumnado O misterio dos fillos de Lúa.
As imaxes son do Salón do Libro que foi o organizador deste encontro: