luns, 7 de xaneiro de 2019
xoves, 20 de decembro de 2018
Visitounos Xosé Monteagudo para falar de "Todo canto fomos".
O pasado 17 de decembro, o alumnado dos clubs de 2º de bacharelato recibimos ilusionados a visita do escritor Xosé Monteagudo para falar da súa novela "Todo canto fomos"; coa amabilidade que lle é habitual e con moita paciencia o escritor foi respondendo a todas as nosa preguntas sobre a trama da novela, os personaxes, a ambientación e sobre o proceso da escrita.
Preguntas sobre a dificultade que conleva escribir sobre feitos reais e mesmo introducir personaxes históricos na trama da obra servíronnos para valorar o importante proceso de documentación que o autor debe facer antes de escribir e o respecto con que se deben tratar a estes personaxes.
Moi emotivo foi cando presentamos a Xosé Monteagudo a Aarón Fontán, o noso compañeiro escritor ( https://saladelecturasc.blogspot.com/2018/11/testigos-de-la-verdad-de-aaron-fontan.html ) , e con canta delicadeza lle recomendou escribir e escribir como mellor consello para ser escritor.
Seica cada vez que nos visita Xosé Monteagudo trae da man a Carlota ( a nosa personaxe preferida) e aos demais personaxes de Todo canto fomos que non nos cansamos de escoitalo.
Moitas Grazas Xosé Monteagudo.
domingo, 16 de decembro de 2018
xoves, 15 de novembro de 2018
xoves, 11 de outubro de 2018
mércores, 10 de outubro de 2018
Programación de lecturas para o primeiro trimestre "Nube de palabras"
Á espera de que se publiquen dous libros de poesía polos que agardamos con moita ilusión 💙, a narrativa é o xénero que vai dominar a programación lectora deste primeiro trimestre, é a narrativa en lingua galega xa que logo os grupos en lingua galega son os máis numerosos.
PRIMEIRO TRIMESTRE:
Grupo A: "O torques de ouro" de Lourdes Maceiras.
Grupo B: " Corredora" de María Reimóndez.
2º de ESO, narrativa en galego:
Grupo A (lectores avanzados): "A balada dos Unicornios" de Ledicia Costas.
Grupo B: Lectura por determinar.
3º de ESO:
Grupo A, narrativa en galego: "22 segundos" de Eva Mejuto.
Grupo A, inglés: "A Sherlock Homes Collection"
Grupo B, inglés: "A Sherlock Homes Collection"
Grupo A, narrativa en castelán: "El gran sueño" de Jordi Sierra y Fabra.
4º de ESO:
Grupo A, narrativa en galego: "O libro das alquimias" de Xesús Constela.
Grupo B, narrativa en galego: "O que sei do silencio" de Andrea Maceiras.
Grupo C, narrativa en galego: "22 segundos" de Eva Mejuto
Grupo D, narrativa en galego: "Corredores de sombras" de Agustín Fernádez Paz
Grupos A e B de francés: “ A volta ao mundo en 80 días” de Jules Verne.
Mixto 1º de bacharelato:
"O kilix dos deuses"de Nicanor Alonso Álvarez.
2º de bacharelato, narrativa en galego:
Grupo A: "Invisibles" de Montserrat Fajardo.
Grupo C: "Resistencia" de Rosa Aneiros.
Grupo D: "Bonus track" de Rosalía Fernández Rial.
Grupo B: "A arte de trobar" de Santiago Lopo.
Grupo de profesorado e persoal non docente:
"A nena do abrigo de astracán" de Xabier P. Do Campo.
Grupos de pais e nais:
Lectura sen determinar á espera que se celebre a asamblea da ANPA.
Quen afirma que os adolescentes non len ? Clubs de lectura do curso 2018/19 "NUBE DE PALABRAS"
Cos seguintes datos estatísticos demostramos que "A RAPAZADA LE" ...
e se hai quen o dubide que se pase pola biblioteca do IES SÁNCHEZ CANTÓN por exemplo un xoves, e verán 5 grupos lectores falando de lecturas...
E seguimos a crecer, neste IES Sánchez Cantón, todo é ao grande : Case mil alumnos e alumnas matriculados no centro, aproximadamente, e 234 alumnos e alumnas que participarán nos distintos grupos lectores este curso (aproximadamente un 25% do alumnado).
- Temáticamente:
- Narrativa en galego. (14)
- Lingua inglesa (2)
- Lingua francesa (2)
- Lingua española(1)
- Cursos:
-1º de ESO (2)
-2º ESO (2)
-3º ESO (4)
-4º ESO (6)
-1º bacharelato (1)
-2º bacharelato (4)
- 3 grupos lectores de adultos (2 de pais e un de profesores e persoal non docente).
- 11 profesores mediadores de lectura pertencentes a departamentos moi variados:
Lingua galega (2)
Lingua española (1)
Lingua inglesa (2)
Lingua francesa (1)
Linguas clásicas (1)
Relixión (1)
Tecnoloxía/TIC (1)
Sociais (2)
E asegúrovos que a coordinadora tivo que facer "encaixe de bolillos" para axustar grupos, cambios, amizades, selección de lecturas, petición de préstamo interbibliotecario a outras bibliotecas escolares ( vaia o noso agradecemento ás bibliotecas do IES Pino Manso de Porriño, do IES San Paio de Tui e do IES A Xunqueira II de Pontevedra, e ás e aos seus colaboradores e pacientes organizadores,e á incondicional coordinadora dos clubs do IES Joham Carballeira de Bueu, para as amigas que transportaron as lecturas, grazas mil para el e elas).
Pero por fin, despois do papelame do proxecto para participar no programa de axudas aos clubs de lectura
Convocatoria de Clubs de lectura en centros públicos de ensino secundario e outros. Curso 2018/2019)
Iniciativa que se encadra nas actuación para o fomento da lectura contempladas no Plan LÍA de bibliotecas escolares 2016-2020 (Lectura, Información, Aprendizaxe).
esta semana comezamos cos CLUBS.
Convocatoria de Clubs de lectura en centros públicos de ensino secundario e outros. Curso 2018/2019)
Iniciativa que se encadra nas actuación para o fomento da lectura contempladas no Plan LÍA de bibliotecas escolares 2016-2020 (Lectura, Información, Aprendizaxe).
esta semana comezamos cos CLUBS.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)