O escritor Antón Lopo reuniuse co noso grupo de lectura de adultos para compartir un cafeciño e falar sobre a súa obra A arte de trobar.
Iniciamos a conversa falando do xénero no que se podería encadrar a obra, histórico e de aventuras, comentounos que a súa intención ao escribir esta obra era divulgar as trobadoras occitanas e a hipótese de que porque aquí non podería ter habido trobadoras igual que na Provenza e suscitar o debate, agora que o Pergamiño Vindel está en Vigo, sobre a voz feminina nas Cantigas de Martín Codax (Martiño ou Martina?).
A orixe da obra está nunha conferencia que escoitou sobre poesía feminina aquitana e logo a súa cabeza que se puxo a crear.
Falamos do cinematográfico que ten a novela, a vista do falcón por exemplo, que introduciu a posteriori e non ten valor simbólico algún.
E así "destripamos" a novela pouco a pouco da man do seu autor. Grazas por acompañarnos.
E escribiu Santiago Lopo no seu Twitter:
No club de lectura de profesor@s do IES Sánchez Cantón de Pontevedra xa leron #AArteDeTrobar @Xerais e parece que lles gustou... Ademais prepararon un menú digno de Guy de Lille! Excelente encontro literario. Grazas a @anxosrial e a tod@s @s integrantes do club.
Ningún comentario:
Publicar un comentario