Esta mañá o alumnado do club de lectura de 1º de ESO e o alumnado de 1º ESO B participamos na innauguración da biblioteca do IES Campolongo (centro adscrito ao noso IES) cunha sesión de contacontos de medo realizada pola nosa rapazada e dirixida ao alumnado de 4º de primaria.
Unha pequena versión de Un ollo de vidro de Castelao e unha lenda xaponesa sobre os Gunnis constituíron a parte central da nosa posta en escea ademais de pequenos relatos e microrrelatos que foron o deleite dun marabilloso público nun espazo terrorífico maxistralmente ambientado.
Tralos nervios iniciais, o noso alumnado non decepcionou ao auditorio e eles e elas mesmos desfrutaron de poder compartir historias cos moziños e moziñas de 4º na súa antiga escola. Apertas e abrazos, sorrisos e emotivos saúdos ao seu anterior profesorado completaron a sesión.
Grazas ao cole de Campolongo por convidarnos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario