Amosando publicacións coa etiqueta club de igualdade 21. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club de igualdade 21. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de febreiro de 2022

Sementando Flores de Ferro. María Rei Vilas.

 

No día de onte recibimos a visita na nosa biblioteca da escritora María Rei Vilas que se achegou desde Laracha para desenvolver dous encontros lectores, un coa rapazada do club de igualdade e o segundo con pais e nais deste alumnado e coas profesoras coordinadoras dos clubs.

María desvelounos como naceu nela a necesidade de contar esta historia, como a foi creando e fiando baseándose en datos históricos, en personaxes reais (ficcionados logo), en lugares, paisaxes e a vexetación da súa querida Costa da Morte.

Debateu cos e coas participantes que lle fixeron moitas e variadas preguntas, compartiron con ela a súa visión da novela, as súas emocións ao lela e a valoración tras a lectura. Foi moi interesante ver as imaxes coas que nos explicou o proceso de creación e documentación previo que realizou. O pai e a nai lectores que nos acompañaron tamén gozaron da lectura e da conversa coa autora o que nos amosa coma gustos e prácticas lectoras poden ser punto de encontro para a mocidade,  seus pais e as profes.

Como agasallo a rapazada do club creou un fermoso ramallete de flores de metal para agradecer a autora o esforzo da escrita e a súa enriquecedora visita. Ela agasallounos tamén cunha fermosa dedicatoria: 


Podedes visionar o encontro no seguinte vídeo: 



xoves, 9 de decembro de 2021

"Senlleiras", recibimos a Antía Yañez.

 



Tras a lectura da novela Senlleiras de Antía Yañez, o noso club de lectura de 1º de bacharelato quedou tan emocionado que non puidemos deixalo pasar e convidamos a autora a visitarnos na nosa biblioteca e realizar coa rapazada do club un obradoiro de igualdade e encontro lector.



A autora, amablemente, falounos dalgunhas claves sobre feminismo que a moveron a escribir a novela, sobre os espazos e personaxes da mesma;  aclarou tamén algunhas das dúbidas das súas lectoras e comentaron partes e escenas que lles encantaron. Faloulles ademais do proceso de documentación á hora de escribir a obra. 



Unha sesión moi produtiva en canto á lectura, á igualdade e á prevención da violencia contra as mulleres: 






xoves, 18 de marzo de 2021

Encontro lector coa autora Diana Varela.

 O club de igualdade tivo unha reunión coa autora Diana Varela para falar do seu libro "Non é país para coños"; este é o testemuño visual: