Amosando publicacións coa etiqueta club 2º ESO 23. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club 2º ESO 23. Amosar todas as publicacións

xoves, 20 de xuño de 2024

Encontro literario coa autora Eva Mejuto do club de familias arredor de 22 segundos.

 Nesta ocasión a lectura reuniu ás mamás e aos fillos ( club de 2º de ESO)  nun encontro lector coa escritora Eva Mejuto e que serviu de colofón a este curso lector 23/24.


22 segundos
 foi a novela que favoreceu este punto de encontro familiar, o tema do tratamento da diversidade de xénero, da transexualidade  e o seu tratamento entre os adolescentes nos centros de ensino foi a porta que nos abriu a autora para debullar nos capítulos da súa novela. A partir da obra tamén as mamás aportaron o seu gran de area falándonos da súa experiencia profesional a respecto do tema, en concreto na sanidade e nos xulgados de menores. 

Agradecemos a Eva Mejuto que nos fixera un oco na súa apertada axenda e fora tan receptiva coas nosas preguntas e comentarios.  E ata aquí esta experiencia de lectura adultos/adolescentes que pon fin ao noso curso lector.



sábado, 14 de outubro de 2023

Club 2º ESO: "O bestiario científico de Anxos Nogueirosa"

 O club de 2º ESO é un club de grandes viaxes e grandes lecturas polo que este trimestre van ler " O bestiario científico de Anxos Nogueirosa" de Antonio M. Fraga, todo un reto lector para unha rapazada moi especial.