Amosando publicacións coa etiqueta club 1º ESO 1. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club 1º ESO 1. Amosar todas as publicacións

venres, 1 de febreiro de 2019

TAMARA ANDRÉS coa rapazada do club de lectura de 1º de ESO

A POESÍA encheu de versos e colorido a nosa biblioteca na voz da poeta TAMARA ANDRÉS nun encontro poético que dificilmente esquecerá a nosa rapazada de 1º de ESO A.
Comezamos a sesión cunha performance na que son , palabras e flores marcaron as miradas sorprendidas de mozos e mozas que escoitaron abraiados os versos e participaron activamente desta teatralización da palabra, do poema con aroma a flor:


        

Co auditorio xa conquistado pola fermosura da voz poética e dos versos, a poeta compartiu coa mocidade como sentiu a necesidade de escribir lírica e como foi publicando a súa obra, dándose a coñecer no mundiño literario, os premios e recoñecementos que acadou polos seus poemarios.



Tamén lles falou de Irmá paxaro, a obra finalista do premio Mª Victoria Moreno que vai ser publicada en breve por Urco Editora.
Libros de poesía,obras de  traducións foron pasando de man en man baixo a mirada atenta dos adolescentes.


 E chegou o reto poético: a cabeza, un disparo e un fantasma para representar, poñer en escea e fotografar, aquí tedes algún dos resultados:















E de remate a unha enriquecedora sesión poética, a fotografía final todos e todas xuntos:





mércores, 16 de xaneiro de 2019

Novos logos para os clubs de lectura.

O alumnado de 1º de ESO coordinados polo profesor de Educación Plástica, Jaime Rodríguez Abilleira, no anterior trimestre, deseñaron uns novos logos para os clubs de lectura de 1º de ESO e os que a seguir vedes son os escollidos como os mellores.

Parabéns a estes pequenos e pequenas artistas.

Veremos de utilizalos para facer chapas e pegatinas, para agasallar aos membros dos nosos clubs; mirade que marabilla:


Ambos de Pilar Andión (1º ESO A).

E tamén estoutros de Arantxa Acuña (1º ESO A).



De Beatriz Abal (1º ESO A).

 de Roi Fervenza(1º ESO A):

e de Sofía Álvarez(1º ESO A):




mércores, 25 de outubro de 2017

"O neno inverno" de María Canosa no club de lectura de 1º de ESO grupo 1.


Resultou moi emocionante acompañar aos rapaces e rapazas de 1º de ESO (grupo 1) que por vez primeira participaban nun club de lectura.

Espectación, sorpresa e ledicia nesta primeira reunión na que da man do profe Juan, o seu coordinador falaron de lecturas compartidas, responsabilidades, agasallos, contratos e boliñas de chocolate para darlle un toque doce ás lecturas.

Presentámoslle a obra que van ler este trimestre "O neno inverno" de María Canosa, adiantándolles un pouquiño do argumento para abrir boca.

Podedes atopar información sobre a novela na seguinte ligazón:

http://editorialgalaxia.gal/o-neno-inverno-de-maria-canosa-valentia-de-ser-fraxil/