Amosando publicacións coa etiqueta conta nove estrelas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta conta nove estrelas. Amosar todas as publicacións

martes, 15 de outubro de 2019

Xa están aquí os clubs de lectura 19/20...


A primeira sesión do club do curso sempre é moi emocionante, e máis cando todas as cariñas que se reúnen ao teu carón acaban de chegar ao instituto e todo é novo para eles e elas.

Este luns no recreo presentamos aos grupos lectores mixto de lingua inglesa (4º de ESO e 1º de bacharelato) e o grupo A de 1º de ESO, repartimos os contratos responsables, comemos boliñas de chocolate e entregamos e pactamos as primeiras lecturas. Estas son as imaxes: