mércores, 15 de novembro de 2023

Club de lectura de familias.

 

Estas mans-libro son das nais da nosa rapazada que onte participaron na primeira sesión do Club de lectura de familias.

Analizamos "Unha estrela no vento" de Ledicia Costas e "Nuestra Natacha" de Alejandro Casona, falamos de pandillas e conflitos entre adolescentes, de inclusividade e do mundo que rodea aos seus fillos e saltamos (de libro en libro) a falar de muller e empoderamento nos tempos da 2ª República, da ILE e das Misións Pedagóxicas. 


Tamén houbo un oco para a poesía e escolleron un fermoso poema de Rosalía e outro de Aurora Luque, poeta esta última que non coñeciamos:


O vindeiro martes teremos a reunión coas familias de 1º  e 4º de ESO: 



Ningún comentario:

Publicar un comentario