domingo, 8 de outubro de 2023

Contextualización de "Ti non sabes o que é ser escritora". Visita do profesor Xosé Mª Lores.

 O pasado xoves, no club de 1º de bacharelato recibimos ao profesor Xosé Mª Lores coa fin de contextualizar a obra de relatos que estamos lendo; a publicación da Deputación de Pontevedra titulada "Ti non sabes o que é ser escritora" nace a raíz da sinatura do Manifesto de Soutomaior por unha serie de escritoras no castelo do mesmo nome e arredor deste feito e das loitas polo recoñecemento das liberdades das mulleres foi o tema do faladoiro co profesor.

Lores explicounos os precedentes que deron orixe ao encontro destas mulleres escritoras e como nesta xuntanza se redacta o coñecido como Manifesto de Soutomaior ( 2021) que recolle as denuncias e reivindicacións das mulleres no relativo aos seus dereitos, no eido da escrita e da cultura.

Manifesto de Soutomaior:

 https://www.fegamp.gal/sites/default/files/artigos/descargas/manifiesto.pdf

As autoras deste grupo que asinan os relatos que estamos lendo son dez e estes van acompañados por dez ilustracións de mulleres ilustradoras; narrativa, pequeno ensaio, poesía e imaxes constitúen esta xoia en perfecta maridaxe de texto e imaxe: Isabel Blanco e Luz Beloso, Silvia Cernadas e Celeste Garrido, Mercedes Corbillón e Andrea Jano, Ledicia Costas e María Lapido, Inma López Silva e Lara Lars, Silvia Penas e Andrea López, Arantza Portabales e Blanca Millán, Anna R. Figueiredo e Gloria Pavia, Elvira Ribeiro Tobío e Alba Troiteiro, Rexina Vega e Sofía Venzel.

Este manifesto, o seu texto, aparece recollido nun banco de pedra nun parque a carón do noso instituto: 




Ningún comentario:

Publicar un comentario