COBIZA, a nova novela de María Reimóndez foi galardoada co "I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero" polo tratamento da temática da diversidade de xénero e identidade propia do individu; pola trama en si e pola variedade de temáticas ás que nos achega e que poden conquistar e provocar o debate entre os lectores e lectoras, conmover e facelos mirar ao seu redor; pola orixinalidade ao crear un mundo distópico (novidoso en lingua galega) e pola mensaxe que nos transmite, por compartir o soño dun mundo diferente e novo, máis xusto e igualitario; pola reivindicación do feminismo, da importancia do papel da muller no desenvolvemento da nosa sociedade e do mundo e como non pola escrita, polo tratamento literario que fai da historia, o xogo de narradores e de tempos e pola linguaxe coidada e cun léxico moi rico.
As temáticas que se desenvolven na novela:
ANO 30 A G.D.
A ambientación, o mundo distópico. Comezamos cun desastre medioambiental, contaminación, degradación, andazos, morte e esterilidade...no ano 30 da G.D.
“Luz crecera naquel deserto...todo mundo quería marchar e tamén ficar.. (páx. 9/10)
A estrutura familiar está formada por un home, unha muller e fillos...só as mulleres procrean, a identidade de xénero:
“Toda esa leria de ser homes e mulleres é un invento...Así que o detiveran por chamar á rebelión xenérica” ( pax.14/15)
A contaminación, a degradación do medio ambiente; O mar de plástico, seres apreixados:
“Isto deixou dito Luz Divina... un ser derrotado que quere poñerse de pé” (pax. 23/24)
Tessi, Dandara, Seh-Dong seres creados da terra, pola forza da terra, seres sin xénero nin sexo... simbolizan o futuro, a esperanza nun mundo máis igualitario? Os sentimentos destes personaxes, poden sentir afecto, ira... fronte aos humanos crueis e insensíveis... son seres creados para loitar e defender a vida.
A Gran Desconexión: A tecnoloxía e a ciencia.
Presentación de Luz Divina (Páxina 32)
As universidades ao
servizo da economía e das empresas, a pandemia e o negocio das
empresas farmacéuticas.
A Cobiza:
Diario de Luz Divina (Páxina 39)
O título da novela aparece citado en varios lugares do texto, é a cobiza a que conduce ao ser humano á súa deshumanización?...
( Presentación de Cobiza no Club Faro de Vigo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario