Pois por fin podemos poñer en marcha os clubs de lectura, non imos deixar que o virus poida connosco e interrumpa as nosas lecturas compartidas, ou sexa que...
IMOS ALÓ.....
Este curso mudarán algunhas cousiñas, os grupos lectores serán máis pequeniños, miniclubs, sete membrxs máximo, oito co coordinador; as sesións seguirán sendo no recreo pero como non podemos usar a biblio porque é aula de clase (excepto en bacharelato que pola tarde está libre), os encontros serán no patio cuberto (ben abrigadiñxs pois) para 1º de ESO e na aula para 3º e 4º de ESO.
As reunións presenciais serán máis espaciadas (cada 21 días) e teremos o apoio dos cursos abertos por cada coordinador/-a na aula virtual ( Edixgal para 1º de ESO e Aula virtual para os demais). Xa que logo no caso de confinamento xa teremos creado o noso espazo para o apoio non presencia.
Mais falemos xa de
LECTURAS:
- 1º de ESO ( 5 grupos lectores, tres mediadores/-as):
Grupos lectores de 1º de ESO B/F, C1 e C2 lerán
-"Icía quere cambiar o mundo" de Fina Casalderrey e ilustracións de Carmen Pernas.
-"Conta nove estrelas" de Andrea Maceiras.
- "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" de Ledicia Costas.
Grupos lectores de 1º de ESO en español lerán:
- "Caperucita en Manhattan" de Carmen Martín Gaite.
-"Mi abuelo Moztezuma" de María García.
- Grupo lector de 3º de ESO ( 1 grupo, unha mediadora) lerá:
- "A historia interminable" de Michael Hende ( en galego).
- Grupos lectores de 4º de ESO ( 3 grupos, tres mediadoras) lerán:
- "Memoria do silencio" de Eva Mejuto.
- "SuperUlex" de Susana Sanches Arins.
Grupo lector de 4º de ESO en Inglés lerá:
"Little Women" de Louisa May Alcott.
- Queda pendente a organización do club de bacharelato en sesión de tarde pero aínda comezaron onte as clases presenciais e os miniclubs de 2º ESO.
Adiantámosvos que este curso teremos a compañía dunha superheroína moi, moi especial, SuperUlex.
Xa preparados os libros, xa organizados os grupos, EMPEZAMOSSSSSS......
Ningún comentario:
Publicar un comentario