Sen perder a nosa continuidade "Nube de Palabras. Clubs de lectura do IES Sánchez Cantón" reconfigurámonos para adaptarnos aos tempos COVID e ás novas medidas de seguridade:
- A finalidade: Ao desenvolvemento de prácticas lectoras entre o noso alumnado (Lecturas Compartidas), ao fomento da lectura, á formación de lectores críticos engadimos agora o apoio inclusivo (NEE) ao alumnado, proporcionándolle un espazo de socialización (presencial ou virtual) e de acompañamento emocional en tempos incertos.
- A seguridade: Os grupos lectores redúcen o número dos seus participantes -pero non o de grupos- de 12/15 alumnos pasamos a grupos de non máis de 8 (sete alumnos/-as e o/a coordinador/-a) ou mesmo máis reducidos. Os espazos dos encontros serán o patio cuberto e en caso de moita choiva ou frío a aula (a nosa biblioteca é aula e non pode usarse). A desinfectación dos libros, subímolos da biblioteca e ata o día seguinte non se entregan ( en 2ou 3 horas xa poderían estar disponibles). O distanciamento será respectado en cada reunión e esta realizarase cada tres semanas polo que será necesario un apoio dixital das lecturas.
- Os apoios e posibles situacións: Cada grupo lector recibirá apoio na súa lectura a través dun curso propio na aula virtual do centro ( Edixgal no caso do alumnado de primeiro ciclo); neste curso o profesor mediador contactará co alumnado, proporcionaralle material complementario e aclaracións á lectura, suxerencias, vídeos dos autores ou sobre as lecturas, audios, xogos, música, etc. As canles de comunicación serán as oficiais. Tamén se comtempla a lectura en formato electrónico de ser necesario.
- Os encontros virtuais no caso de confinamento: Os encontros presenciais do grupo lector poden transformarse en virtuais a través de CiscoWebex e mesmo se contempla o encontro con autores vitualmente.
- As actividades: A proposta de encontros virtuais co autor ou mesmo a visita dos mesmos á aula (como xa se fixo coa escritora Eva Mejuto,con moi boa acollida polo alumnado), a participación nas actividades (virtuais ou presenciais de ser posible) do Salón do Libro, ou mesmo o encontro con editores e libreiros.
- Os medios de difusión: O curso da aula virtual do grupo lector, o blog "Nube de Palabras" dos Clubs do Sánchez e a súa páxina en Facebook.
Nestes momentos contamos xa con 9 grupos lectores de 1º, 3º e 4º de ESO, grupos lectores en lingua galega (maioritarios), lingua española e lingua inglesa; estan pendentes de concretar 2 grupos de 2º de ESO e 1 de bacharelato.
Contamos con 8 profesores mediadores de lectura de lingua galega, lingua inglesa, relixión e lingua castelá.
O proxecto dos clubs de lectura do noso instituto forman parte das actividades do Proxecto Lector e están contemplados na PXA do noso centro.
As lecturas: Pódese consultar a programación lectora do primeiro trimestre na seguinte ligazón:
Ningún comentario:
Publicar un comentario