xoves, 27 de abril de 2023

"Game over" Santiago Lopo no Salón do Libro


 Os clubs de lectura de 2º de ESO tivemos un encontro co escritor Santiago Lopo autor do libro "Game over" gañadora do Premio por entregas de La Voz de Galicia, e que trata o tema da feble fronteira entra o mundo dos videoxogos e da realidade, non hai que esquecer que o tema do Salón deste ano é o xogo.

O autor respondeu a todas as preguntas que lle fixemos despois de ler a novela, sobre a súa fonte de inspiración, a creación dos personaxes, o impacto do premio, as ilustracións e como non,  sobre o oficio de escritor. 

Puidemos plantexarlle as nosas dúbidas sobre o desenlace da obra e compartir a nosa valoración da mesma.




martes, 25 de abril de 2023

Encontro con Enma Pedreira, "Os libros que hai en min", no Salón do Libro.


 O noso encontro con Enma Pedreira desta tarde foi moi, moi especial; aínda que tiñamos lido só parte do libro, a súa posta en escea sorprendeumos e desfrutamos ao escoitala e poder tocar, ver, experimentar ... as súas propostas a través do libro e do libro-obxecto: Escribimos braille, vimos tabliñas de escritura, libros pop-ups antigos... e moitas mais variedades que nos asombraron e que descoñeciamos. 

A autora foi encantadora, amable e moi paciente con nós polo que se creou un clima de curiosidade e aprendizaxe arredor do mundo dos libros moi enriquecedor. Grazas Enma polo que amablemente nos ensinaches, de certo que aprezamos máis agora o mundo dos libros.



luns, 24 de abril de 2023

Festa dos clubs de lectura no Salón do Libro

 E chegou o encontro- convivencia cos clubs de lectura da nosa cidade na xa habitual "Festa dos clubs de lectura" do Salón do libro. Nesta ocasión a rapazada dos clubs de 1º e 2º de ESO desfrutamos do espectáculo de AldaoLado, das súas cancións e posta en escea. Logo comemos pizza invitados polo Premio dos Clubs, e pola tarde tivemos un encontro literario con Enma Pedreira.


E puidemos facer a nosa foto tradicional con ORBIL:




martes, 18 de abril de 2023

Roteiro literario alemán / galego "A miña cidade"

 A visita ao noso centro do alumnado e profesoras de Bonn supuxo para nós todo un reto: o alumnado do club de lectura de 1º de ESO tiñamos que preparar un roteiro pola nosa cidade para llela presentar aos nosos visitantes, e dándo voltas e reviravoltas concluímos que o mellor era partir dun álbum ilustrado que podía apoiar as nosas lecturas e explicacións con imaxes. Seleccionamos pois o álbum "A miña cidade" de Eva Mejuto e Susana Suniaga, traducimos o texto do galego ao castelán e logo ao alemán e carregados de ilusión alá levámolos de roteiro.

As lecturas fixéronse ao tempo en galego/alemán e co apoio do castelán que estudian alá comprobamos que a literatura é un punto de encontro marabilloso para entendermos en calquera lingua.

Jacobo, Aglaia, Nico, Víctor, Helena, Nora e Martina fixeron un excelente traballo, bravo por elxs!!!!




xoves, 23 de marzo de 2023

"Que se me pare o corazón se te esquezo" de Andrea Maceiras.

 Comezamos nova lectura enfrontándonos aos retos publicados nas redes, aos amores, aos desentendidos xeracionais cos pais na adolescencia, coas depresións... este título de Andrea Maceiras gañador do Premio Raíña Lupa de seguro que nos vai dar moito do que falar: 


Xuño 2023:

" Este último libro foi moi interesante xa que trata temas moi actuais e serve para darse de conta da realidade que acontece nas redes sociais hoxe en día. Puiden falar deste libro cos meus compañeiros, comentar a historia e intercambiar opinións" Lucía e Carme.

xoves, 16 de marzo de 2023

Roteiro literario "Peixiño desnortado"

 E a intensa mañá literaria non podía rematar sen realizar un roteiro pola parte más estraña da nosa cidade da man do "Peixiño desnortado". Un pouco desnortados tamén nós pola presenza da choiva, coma a protagonista do libro percorremos a zona monumental baixa, esa que non visitan os turistas pero que nos achega ás entrañables personaxes populares da obra de Tanmara Andrés: 




Encontro poético con Tamara Andrés: Irmá Paxaro

 Logo do recreo tivemos un encontro poético con Tamara Andrés os clubs de 1º de bacharelato e de 4º de ESO C e a poesía encheu de cores, sensacións e sentimentos a nosa biblioteca e os corazóns da nosa rapazada. Preguntas e versos voaron coas ás da Irmá Paxaro: