Logo do recreo tivemos un encontro poético con Tamara Andrés os clubs de 1º de bacharelato e de 4º de ESO C e a poesía encheu de cores, sensacións e sentimentos a nosa biblioteca e os corazóns da nosa rapazada. Preguntas e versos voaron coas ás da Irmá Paxaro:
xoves, 16 de marzo de 2023
A poeta Tamara Andrés co club de 2ºbach/4º ESO
A visita da poeta Tamara Andrés foi moi intensa, no recreo tivo unha xuntanza co club de lectura de 2ºBach/4º ESO, unha sorpresa, un agasallo fermoso que as mozas do club recibiron con moita ilusión; puideron falar de clubs de lectura (pois a poeta cando estudante formou parte do club de lectura do seu instituto) , de poesía e da escrita. Un encontro marabilloso:
E o presente e o futuro da palabra poética en galego déronse a man: Tamara Andrés e Mariña Maceiras.
luns, 6 de marzo de 2023
Roteiro literario pola Memoria
Acompañados pola profesora Mª Xesús Escudeiro, esta tarde, os clubs de lectura de 4º de ESO fixemos un percorrido pola nosa cidade para falar e ler arredor do que aconteceu nos primeiro días do golpe de estado do 36 aquí.
Escoitamos estremecedoras historias de vida que nos relatou a profesora e tamén lemos textos interesantes sobre o tema, algúns tan tristes e enternecedoras coma a carta de despedida que Alexandre Bóveda lle enviou á súa dona Amalia Álvarez desde o cárcere pouco antes de ser asasinado.
Un roteiro de certo moi enriquecedor.
xoves, 16 de febreiro de 2023
As profesoras visitantes reúnense co club de lectura.
A profesora francesa de Nantes que está visitando o noso instituto reuniuse esta mañá coas alumnas do club de 4º de ESO para coñecer como funciona un club de lectura xa que no seu centro descoñencen esta práctica lectora:
Máis adiantado o curso, no mes de maio, recibimos tamén a visita de Katreen a profesora alemana que viña do norte de Alemaña, ela reuniuse co club mixto de 2º de bacharelato/4º ESO, e con ela falamos da posibilidade de crear o vindeiro curso un club de lectura virtual alemán/español:
luns, 6 de febreiro de 2023
Silencio "Gravamos"
O programa de Memoria e igualdade do noso Concello "Memoria de Elefanta" convidou ao club de lectura mixto 2ºBach/4º ESO a gravar un PODCAST para falar e recomendar as lecturas que se fixeron relacionadas con ese tema; resultou unha experiencia gratificante (aínda que houbo moitos nervios) e serviunos para revisar lecturas como "A ladroa da biblioteca de Meirás" de Eva Mejuto, A nena lectora" de Manuel Rivas ou "As malas mulleres" de Marilar Aleixandre:
xoves, 19 de xaneiro de 2023
Preparando as lecturas para recibir á poeta TAMARA ANDRÉS
O Ministerio de Educación concedeunos o programa de Encontros con escritores nos institutos, en concreto imos recibir á poeta Tamara Andrés polo que os clubs preparamos as novas lecturas: Irmá Paxaro no club de 1º de bacharelato e Peixiño desnortado (recén saído do prelo) no club de 4º de ESO.
venres, 13 de xaneiro de 2023
Recibimos o Premio da man do Conselleiro de Educación
En Compostela, todos os clubs de lectura de Galicia que acadamos o Premio Nacional fomos agasallados cunha placa do premio e unha palabras de agradecemento do Conselleiro de Educación D. Román Rodríguez:
E saímos no Portal Educativo da Xunta:













