mércores, 12 de outubro de 2022

Xa están aquí de novo os grupos lectores do Sánchez Cantón


Pouco a pouco os grupos lectores do Sánchez van collendo o seu ritmo; rapaces e rapazas vanse incorporando por vez primeira aos clubs (1º de ESO) e outras son fieis desde hai xa tempo (2º bacharelato). A pesar da forte competencia pola oferta doutros proxectos e actividades que se van realizar no noso centro, este curso temos un maior número de participantes e unha importante oferta de grupos e temáticas: 
Neste curso 22/23 contaremos con 15 grupos lectores para o alumnado da ESO e Bacharelato compostos por 8-10 mozos/-as; os clubs lerán en catro linguas: galego, portugués, castelán e inglés e haberá clubs de xenéricos de narrativa nestas linguas e temáticos de imaxes, cultura clásica e igualdade.
Retomaremos o club de adultos e o club de literatura e cine do CGTD.
Seremos 11 mediadores para coordinar as lecturas de aproximadamente 170 mozos e mozas de todos os cursos e niveis educativos do instituto.


As mozas de 1º de ESO D tiveron que poñer en funcionamento as súas neuronas desde o primeiro día pois a súa mediadora Ana Gómez recibiunas cos agasallos de costume (marcapáxinas, libretiña e carné de lectura) e cun xogo de pistas para resolver cal era o título da súa primeira lectura.


Nos vindeiros día xa vos iremos presentando os grupos lectores e as súas lecturas e comentando os nosos proxectos e actividades para as mesmas.





Ningún comentario:

Publicar un comentario