Nos clubs de lectura de 1º ESO C e B (grupo 2) estamos desfrutando da lectura de "O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS" de MARCOS CALVEIRO e aproveitando para gozar da concordancia que nos facilitan pintores, escritores e músicos e mesmo os museos.
Este concerto de letras (o texto de Calveiro), sons ( a canción de Don Maclean) e colores (Vicent Van Gogh) achéganos á XXIII Edición do Salón do libro Infantil e Xuvenil que ten coma lema "Con moita arte!"... e da man do rapaz protagonista da novela de Calveiro (anónimo), de Vincent, da tía Jo Jo... viaxaremos a Auvers para acompañalos polas paisaxes dos cadros do pintor.
E coma nos encanta a harmonía e a concordancia aquí temos a primeira mostra:
Ningún comentario:
Publicar un comentario