Pois xa estamos aquí de novo; un curso máis os grupos lectores do noso club NUBE DE PALABRAS retoman con máis forza as súas prácticas lectoras: arredor de 150 mozos e mozas de todos os cursos e niveis, 11 docentes mediadores e unha chea de lecturas "novas e vellas" que nos van deleitar coa súa maxia.
... na nosa BIBLIOTECA, o espazo propio, polo que estamos felices de voltar a rodearnos do aroma do papel dos libros.
Este curso voltaremos ler en galego, en inglés, en castelán, e en portugués, ofertamos clubs de narrativa, de linguas clásicas, de igualdade e coma novidade un club de arte (para aprender e desfrutar da lectura en imaxes) e un club de ciencias (para achegarnos á bioloxía e outros temas tratados cun enfoque científico).
Os e as mediadores/-as dos grupos lectores xa andamos a darlle voltas á nosa cabeciña para programar encontros lectores con autor/-a, colaborar co Salón do Libro, realizar roteiros, visitas a museos, exposicións e algunha cousiñas máis que xa vos iremos adiantando...
Benvidos pois todos e todas os e as lectores/-as e xa sabedes:
Vémonos na biblioteca!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario