O 12 de marzo, na semana da MULLER recibimos no centro á xornalista e escritora Montse Fajardo para falarmos de INVISIBLES ( a lectura no club do 2º trimestre) e de violencia contra as mulleres e estas son algumhas da relexións que xenerou a lectura da obra e o noso diálogo con ela:
OS PERFÍS:
- Non hai un perfilque aúne ás vítimas da violencia machista, nin idade, nin clase social, nin nivel económico.
- Non hai un comportamento nas mulleres que nos faga proclives á violencia machista.
- A violencia machista é unicamente responsabilidade de quen a exerce.
- Invisibles non vai de homes contra mulleres, vai de quen disculpa a violencia machista e quen a exerce.
- Cando unha relación non é de igualdade, é de control, é un sinal de alarma.
A XUSTIZA:
- Estamos dando unha resposta adecuada ás vítimas da violencia machista como sociedade?
- Ana non denuncia porque é avogada e coñece o sistema.
- El saltou por tres veces o distanciamento social antes de pasar un ano na cadea por incumprir a orde do xuíz...
- As penas non son proporcionais aos feitos, ás culpas.
A DENUNCIA:
- Ante a mínima alarma hai que denunciar e ir ao CIM.
OS FILLOS:
- A violencia machista é un grave problema para os descendentes das parellas, a marca psicolóxica que deixa neles. Hai unha porcentaxe alta de que se repita un dos dous roles ( vítimas ou agresores).
- Que acontece cando a persoa que che fai mal é a que queres?
- No momento da entrevista ao fillo de Tina: Podes deixar de querer ao teu pai?
- É un problema moi difícil de resolver porque vai unido aos sentimentos.
INVISIBLES:
- " Eu estaba agochada intentando ser invisible" (Begoña, 5 anos).
- "Para sobrevivir teño que ser invisible, iso mantenme protexida" ( Begoña)
- Hai que apartar ás mulleres e aos nenos da violencia.
O XORNALISMO e A ESCRITA:
- O xornalista ten a misión de poñerlle voz ás vítimas. É unha obriga moral.
- O libro pode servir para axudar ás vítimas, ás persoas, que se recoñezan e denuncien.
- O libro axudou ás mulleres a empoderarse xa que fala de vítimas que se convertiron en supervivintes.
Grazas mil a Montse Fajardo polo seu libro, pola súa visita e polo seu labor encomiable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario